menú
Apps para hacer los deberes

Apps para facer os deberes

10/10/2017
Blog R

Empeza o curso e toca traballar arreo, pero non estás só. Estas apps para facer os deberes axudarante a ti e aos peques a saír airosos de calquera problema que expoñan os profes. Á hora de poñerse a facer os exercicios, sempre xorden dúbidas que, a falta dun mestre online, debemos solucionar por outras vías. O máis rápido é tirar de móbil, así que proba algunhas destas apps que che traemos para sacar un 10. Non perdas de vista tamén algunhas interesantes canles de YouTube.

Photomath

Empezamos polas mates, ese óso duro de roer. Unha das apps para móbil que máis furor causou, e agora entenderedes porqué, é Photomath. Saca unha foto ao problema que queiras resolver e a aplicación mostrarache o resultado e explicarache como chegar a el. Agora inclúe gráficos para que che resulte máis sinxelo. Ecuacións, derivadas e integrais estarán chupadas con esta axuda única.
Dispoñible para Android e iOS


 

MyScript Calculator

Similar á anterior, permíteche escribir directamente sobre a pantalla un problema ou operación. A aplicación resolverao por ti.
Dispoñible para Android e iOS


 

Socratic

Interesante app que che axudará non só coas matemáticos, se non con materias como ciencias, historia, inglés, economía e moitas máis. Só tes que sacar unha foto co teu móbil a unha pregunta dos teus deberes e a app darache unha explicación, mostrarache vídeos ilustrativos e guiarate ao instante.
Dispoñible para Android e iOS

Apps para hacer los deberes Socratic

Brainly

Moi similar á anterior e multidisciplinar. A comunidade social de aprendizaxe poñerache en contacto con outros estudantes que responderán as túas dúbidas ao instante. E ao revés, ti tamén poderás axudar a outras persoas cos seus deberes e tarefas. E para que non che resulte moi aburrido, a app está pensada como un xogo, no que subirás de nivel desde novato a xenio. Puntazos que che gustarán: responden en menos de 10 minutos; abarca dúbidas de niveis de Primaria, Secundaria e Universidade, ademais de Selectividade; e soluciona problemas que van dende latín ata bioloxía.

Dispoñible para Android e iOS


 

Khan Academy

Versión app da famosa plataforma de aprendizaxe online. A aplicación ofrece máis de 10.000 vídeos e explicacións sobre ciencia, matemáticas, economía, historia e moitas outras materias para todas as idades e niveis. Detalles que resultan de inmensa utilidade: podes traballar aínda sen conexión a internet, xa que te podes descargar os contidos favoritos de “a túa lista” e acceder a eles cando queiras. Ademais, podes retomar a túa aprendizaxe onde o deixaches a última vez.

Dispoñible para Android e iOS

Apps para hacer los deberes Khan Academy

El Rincón del Vago

O mítico portal para estudantes no teu móbil. O funcionamento non difire moito á web, podes acceder a leccións, traballos, apuntamentos ou exames de moitas materias, de entre máis de 75.000 documentos.
Dispoñible para Android e iOS

Apps para hacer los deberes El rincón del vago

Canles de YouTube

Como che comentamos, tamén YouTube ten moito que dicir no campo do ensino. Unha das canles que máis triunfa no campo das matemáticas é profesor10demates. . Na mesma liña atópase Un Profesor.Outro recurso de apoio son as listas de reprodución de YouTube Edu.

Como viches, a letra co móbil entra . Cun pouco de esforzo e estes apoios no teu móbilR, estamos convencidos que este curso te sales.

Podes atopar máis recursos neste post: A volta ao cole con Android e Apple

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios