Ola a todos. Dende a app de R podes configurar facilmente os desvíos de chamadas e contestador do teu móbilR. Se non queres perder ningunha conversación, explicámosche como podes establecer as túas preferencias dende a pantalla en moi poucos pasos.
Para empezar, como é lóxico, debes ter instalada a app de R. Podes descargala de forma gratuíta para dispositivos Android e iPhone. Unha vez instalada, pedirache o NIF do titular e o contrasinal da web de clientes R para acceder. Aquí tes unha guía que resolverá calquera dúbida que teñas. Xa estás listo para arrincar!
Para establecer os axustes de desvío debes seguir a ruta configurar > configurar móbilR > configurar desvíos.
Dende aí podes desviar as chamadas da túa liña móbil ao contestador ou a outro número de teléfono. As chamadas que desvíes a outro número cóbranse como chamadas realizadas dende a túa liña.
Opcións de desvío:
- Desviar todas as chamadas recibidas
- Desviar as chamadas cando estás a comunicar
- Desviar cando non contestas unha chamada nun tempo determinado
- Desviar as chamadas cando teñas o móbil apagado ou fóra de cobertura
Esperamos que che resultara de utilidade. Non perdas próximas entregas para saber todo o que podes facer dende a app de R.
Aquí tes máis posts sobre a app de R:
- App de R: como configuro as restricións na miña liña de móbil de R?
- App de R: configuración do router dende o móvil
- Actualizamos a nosa app en Android (agora con widget)
- App móbil para Android da web de clientes
Un saúdo!