Galicia non ten nada que lle envexar a Silicon Valley. Aquí hai moita xente que fai cousas extraordinarias no mundo da tecnoloxía. E de talento dixital en R sabemos un cacho 😉.

Porque temos unha cousa clara: só achegándolles a tecnoloxía a mozos e mozas poderemos espertar vocacións profesionais no ámbito dixital, que axuden a romper a fenda entre a demanda de profesionais e a dispoñibilidade dese talento.

Por iso é tan importante dotar de capacidades e competencias os nosos rapaces dende pequechos, orientalos para responder a preguntas como: Que quero ser de maior?

E aí está a facer un traballazo de formación e divulgación o Plan DigiTalent, no que colaboramos estreitamente dende R.

Actividades e formación adaptados a todas as idades

Durante todo o ano, o DigiTalent impulsa a realización de cursos, talleres, webinarios, actividades e formacións para diferentes franxas de idade, en colaboración con universidades e empresas, como é o noso caso.

Ahí é onde nace o talento dixital de Galicia, que empeza dende ben cedo, con iniciativas como estas, nas que participamos:

  • Tecnólog@ por un día: nenos e nenas de 12 a 17 anos viven dende dentro como é o traballo no día a día dunha empresa do sector TIC. En R imos recibir dentro de moi pouquiño a un destes/as chavales/as e, por experiencias anteriores, é moi enriquecedor.
  • Webinarios TranformaTech Sessions – Talento Novo: mozos e mozas ata 16 anos e centros educativos poden unirse a estas formacións sobre tecnoloxías disruptivas de grande impacto na actualidade, como o Big Data ou o 5 G, nos que participamos hai uns días.
  • Cátedra R en Ciberseguridade

  • Cátedra R en Ciberseguridade: é a primeira cátedra interuniversitaria galega, froito da colaboración tripartita de R e as Universidades de Vigo e A Coruña. E xusto vimos de renovala agora, despois de 3 anos de traballo conxunto no ámbito da ciberseguridade.

    Porque a seguridade informática é un terreo que se converteu en imprescindible en poucos anos, tanto a nivel particular como empresarial ou institucional.

    Por iso, con esta Cátedra pretendemos desenvolver competencias profesionais do alumnado universitario e adaptar todo ese potencial de coñecemento e preparación ás necesidades da empresa, fomentando en paralelo a formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade.

    Ademais, a Cátedra leva a cabo diferentes actividades como webinarios, talleres, conferencias, cursos... e participa activamente no evento CIBER.gal, dirixido a empresas, cidadanía e administración para lle achegar valor á ciberseguridade, impulsala e axudala a afrontar a ameaza, a través de talleres, charlas divulgativas, paneis de debate, CTF (Capture The Flag), etc. Aquí tes a info da última edición.

Grazas a estas iniciativas e a moitas outras que poñemos en marcha xunto á AMTEGA dentro do Plan Digitalent, como os talleres crea R ou a lanparty XGN R Encounter, os/as nosos/as rapaces e rapazas poden achegarse ás novas tecnoloxías, aprender e desenvolver unha carreira profesional de futuro.

Porque o talento dixital está aquí.