Sempre é bo momento para convidarte a participar na Festa da auga. E tamén para saber que a rede de fibra óptica máis punteira do mercado chegou a Vilagarcía de Arousa e que xa podes contratar a mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R.

Consultar cobertura de fibra en Vilagarcía

Unha oferta de fibra óptica que non te deixará indiferente

Sorprenderache saber a velocidade da nosa fibra, a súa cobertura e todas as vantaxes que che ofrece R en Vilagarcía:

Ata 10Gb simétricos: a navegación máis rápida, cunha subida e baixada á mesma velocidade. Mentres outras compañías só chegan ata 2,5Gb, R podería chegar a darche catro veces máis rapidez.

Cobertura wifi de máxima seguridade e calidade: dá igual se estás á beira do teu router ou no teu portal, o wifi 6 de R ofréceche 4 veces máis cobertura a través das súas 16 antenas e unha grande seguridade mediante os seus protocolos innovadores.

Despídete do atraso no gaming: dende R conectámonos aos mellores servidores de gaming para que poidas xogar sen esa molestia que supón o lag.

E, se non es de mollarte, poderás seguir a Festa da auga por streaming, porque coa nosa oferta de fibra obterás tamén o deco Android 4K, unha caixa máxica que converterá calquera pantalla nunha flamante Smart TV con só pulsar un botón.

Móllate con xigas ilimitados

Se ademais de contratar a túa oferta de fibra queres tamén tarifa de móbil, poderás gozar de xigas ilimitados, cobertura mellorada e 5G. Ademais, gozarás dunha factura conxunta ao mellor prezo.

Ver ofertas de fibra + móbil en Vilagarcía

Únete a miles de usuarios fibraMax en Vilagarcía

Contámoscho de forma sinxela: se aínda non es cliente, só tes que chamarnos ou entrar na nosa web. Se xa o es… Chamámoste nós! É súper sinxelo. A partir de aí, unha vez nos digas cando che vén mellor instalarémosche o router, entramos, deixámolo todo listo e a gozar.

Fácil, rápido e para toda a familia.

Cobertura de fibra óptica en Vilagarcía

En Vilagarcía de Arousa xa contamos coa maior rede de fibra óptica do mercado con conexión simétrica.

Ademais, poderás gozar de televisión 4K e do noso maior despregamento de fibra ata o fogar (FTTH), que se achega xa os 8.000 fogares e negocios conectados e que serán moitos máis cando as nosas tarefas de mellora conclúan.

Vilagarcía, unha refrescante parada no teu verán

Esta pequena cidade da ría de Arousa ten moito que ofrecer. A Festa da auga é a súa celebración insignia, pero o seu entroido, na primavera, e as festas parroquiais gózanse ao longo de todo o ano.

Tes praias como a de Compostela e boa gastronomía (encantarache a ameixa de Carril). E non podemos esquecernos do seu magnífico pazo de Rubianes ou dunha oferta festiva e cultural que, sumada á mellor fibra, fan de Vilagarcía uno dos mellores sitios para gozar do teu tempo libre.

Co que xa sabes, se queres contratar fibra en Vilagarcía, con velocidade simétrica, a rede máis avanzada de Galicia e unha oferta con fibra e móbil que quita o sentido, xa estás a tardar en facerte de R.

Imaxe de: Concello de Vilagarcía