Seica sabes que Oleiros suma ata catro bandeiras azuis nas súas praias que dan boa fe da súa excelencia. Unha excelencia que tamén se merece a mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados.
Consultar cobertura de fibra en OleirosO servizo de internet máis rápida, en Oleiros
Queres navegar rápido? Conseguido.
Chamadas ilimitadas? Todas as que queiras.
Xogar ao Red Ded Redemption en liña sen lag? Feito.
Contámosche como podes gozar da mellor conexión de fibra en Oleiros grazas á nosa rede de última xeración que che ofrece:
• Un servizo de internet que chegará ata os 10Gb simétricos. De momento, os/as usuarios/as particulares xa contan cun 1Gb.
• Unha mellor cobertura: puxemos toda a carne no asador co noso sistema wifi 6 de 16 antenas para que, esteas onde esteas, navegues coma se aínda seguises á beira do teu router.
• Convértete nun/nunha magnífico/a do gaming: non vas perder unha soa partida por problemas de latencia ou ping. Grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e á nosa tecnoloxía lag-free, acertar só dependerá de ti.
• Deco Android 4K: poderás ver con total resolución e captar ata o último detalle das mellores películas e series, convertendo o teu televisor nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en 4K.
Engade xigas ilimitados á túa oferta de fibra
Contrata tamén o teu móbil con R e goza da mellor tarifa de datos ilimitados. Porque nas nosas tarifas, engadimos tamén por defecto chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais. E outra gran vantaxe é que incorporamos cobertura 5G, para que navegues aínda máis rápido alí onde estamos a despregar esta nova tecnoloxía móbil.
Así, con fibra e móbil, todo na mesma factura, aforras diñeiro.
Ver ofertas de fibra + móbil en OleirosVen connosco ou cambia a fibraMAX
É moi sinxelo. Se aínda non es cliente/a de R, fai unha chamada ou contacta connosco a través da nosa web.
Se xa es cliente/a, chamarémoste en canto a rede estea dispoñible.
A partir dese momento, só dinos cando podemos ir ao teu domicilio e alí estaremos para instalarche os nosos equipos de forma gratuíta.
Cobertura de fibra en Oleiros
Se quixeses percorrer os fogares e locais que o maior despregamento de fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R abrangue en Oleiros terías que visitar case 12.000 vivendas e negocios. E tras as tarefas de mellora, aínda serán moitas máis.
En R despregamos rede propia hai dúas décadas en Oleiros, e agora actualizámola para que goces da mellor experiencia, con fibra directamente conectada ao teu router. Sempre, co obxectivo de ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade.
Oleiros, praia e patrimonio á beira da Coruña
Non podemos falar de Oleiros, municipio veciño da cidade da Coruña, sen citar as súas praias de bandeira azul: Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera e Espiñeiro.
Precisamente nunha delas, na enseada de Santa Cruz, poderás atopar un illote fortificado. O castelo de Santa Cruz é unha fortaleza que ocupa case a totalidade do penedo e goza de gran beleza e riqueza arquitectónica.
Se prefires unha visita máis cultural, podes achegarte ao Museo “Os Oleiros”, dedicado á olería e unha das máis importantes escolas de cerámica da Península Ibérica.
Se che apetece algunha miniruta, descubre algún dos trece castros que rodean o municipio, como o de Serantes ou o de Dexo.
E entre mar e patrimonio, Oleiros encara o futuro da man de R e da súa rede de fibra ultrarrápida, a máis moderna do mercado.
Imaxe de: Concello de Oleiros.