Foz, antigo porto baleeiro, dá agora un paso máis na súa modernización tecnolóxica grazas á rede de fibra ultrarrápida de R.

Se vives nesta localidade da Mariña lucense, atento/á as vantaxes da nosa internet con conexión simétrica, wifi 6 universal e deco 4k incluído.

A nova rede de fibra de R, fibra MAX, xa está dispoñible neste concello. Só tes que comprobar aquí debaixo se tamén chega á túa casa ou negocio.

Consultar cobertura de fibra en Foz

Cal é a oferta de fibra de R en Foz?

Imos por partes, que temos moito que contarche :)

Ademais de chegar con fibra ata a túa vivenda ou local comercial, a nosa rede ten vantaxes e servizos moi interesantes.

Wifi 6 universal e máxima seguridade. Dispoñerás de ata 4 veces máis cobertura de rede de alta velocidade grazas ás 16 antenas do sistema wifi 6. Así poderás usar internet dende calquera recuncho coma se seguises á beira do router. E co protocolo de seguridade máis moderno do mercado, para que non haxa sustos inesperados.

Ata 10 Gb de velocidade simétricos. Coa mesma velocidade de baixada e subida e preparada para alcanzar os 10 Gb. Así é a nosa fibra que, de momento, xa dá 1 Gb aos nosos clientes particulares.

Adeus a lag e retardos. Temos conexión directa cos principais servidores de gaming e plataformas como Twitch para que ningún retardo entorpeza a túa pericia como gamer.

E, ademais, con deco Android 4K incluído. Se queres televisión, podes gozar en altísima definición das series e pelis de plataformas como Prime Video ou Netflix co noso deco Android TV. A forma máis rápida e fácil de converter a túa tele nunha flamante Smart TV con conexión a internet e coa que descargar as túas apps favoritas. Ademais de ver as mellores canles, como FOX, AXN, TNT, Eurosport…

Quero contratar tarifa de móbil con datos ilimitados e 5G

Podes engadir á fibra a mellor tarifa de móbil con xigas ilimitados. Inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

Ademais, se o teu teléfono é compatible, contarás coas vantaxes da tecnoloxía 5G alí onde xa está a funcionar e poderás navegar máis rápido pagando o mesmo.

A final de mes teralo todo reunido nunha mesma factura, aforrando papel e diñeiro.

Ver ofertas de fibra + móbil en Foz

Contrata fibra e móbil en Foz

Queres unirte á familia fibra MAX? É moi sinxelo, tanto se es novo/a cliente/a coma se levas toda a vida connosco/as.

Se aínda non es cliente/a, chámanos ou entra na nosa web. Rapidamente, e sen custo algún, achegámonos á túa casa e instalámosche todo o necesario para que goces das vantaxes de fibra MAX.

Se xa es cliente/a, chamarémoste nós cando fibra MAX estea dispoñible na túa zona. E xa sabes que seguimos traballando para chegar canto antes a máis lugares de Foz.

Cobertura de fibra óptica en Foz

Máis de 7.000 vivendas e negocios de Foz gozan xa da nosa rede FTTH que leva a fibra ata o fogar.

Pero se aínda non hai na túa zona, non te preocupes, porque imos seguir ampliando a nosa cobertura de fibra en Foz para que máis veciños/as poidan gozar canto antes da nosa fibra con internet simétrica e segura.

Foz, patrimonio e paisaxe a beiras do Cantábrico

Case 15 quilómetros de praia espérannos na localidade lucense de Foz, con areais tan populares como Rapadoira, Llas ou Arealonga. Á beira desta última atópase o único castro marítimo escavado da zona, o Castro de Fazouro, datado entre os séculos I e II e declarado Ben de Interese Cultural.

Pero Foz tamén ten ría. E a Ría de Foz é un paraíso natural para as aves e para os amantes dos deportes náuticos, como o surf ou a vela.

Do seu patrimonio histórico-artístico destaca a Basílica de San Martiño, con pinturas murais que van dende o Románico ao Renacemento, capiteis historiados e pezas tan relevantes como o seu retablo pétreo ou o anel de San Gonzalo.

Para gozar da paisaxe e das vistas, nada mellor que achegarse ao alto da Frouxeira, onde se poden contemplar tamén restos arqueolóxicos da antiga Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela.

Foz conta agora cunha nova aliada, a ultrarrápida rede de fibra de R, coa que encarar o futuro dende o seu enclave privilexiado na Mariña Lucense.

Imaxe de: A Mariña lucense.