O núcleo de Cachada vén de incorporarse á renovada rede de fibra óptica de última xeración de R no municipio pontevedrés de Sanxenxo.
Os habitantes da zona xa poden dispor de accesos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas simétricos e gozar dos servizos máis avanzados de telecomunicacións do mercado.
Todo iso, grazas á nova infraestrutura de fibra que o operador galego está a modernizar nas catro provincias de Galicia dende a primavera de 2021.
Despregadura de rede
R rematou, a peche do ano pasado, outro treito das tarefas de despregadura da súa rede de fibra en Sanxenxo, aproveitando ao máximo as infraestruturas do devandito núcleo.
Estes traballos únense aos desenvolvidas con anterioridade para incorporar en total arredor de 2.000 inmobles en diferentes zonas do municipio, igualmente no marco do Plan Avanza.
Cando se complete a despregadura de rede neste concello da bisbarra do Salnés, Sanxenxo contará, só en virtude do programa do Ministerio, cunhas 2.660 residencias e empresas conectadas ás redes de nova xeración do operador galego.
Deste xeito, xa estarán preparadas para recibir os servizos de telecomunicacións máis innovadores e posibles accesos simétricos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.
A maiores, R leva anos investindo pola súa conta na despregadura de infraestruturas en Sanxenxo, onde xa dispoñen de cobertura máis de 7.547 fogares e empresas do municipio.
Este ano alcanzarase a cifra total de preto de 10.207 (7.547+2.660) inmobles preparados para desfrutar dos nosos servizos avanzados en Sanxenxo.
Máis fibra para o referente turístico de costa de Galicia
A fibra de R chega agora a novos recunchos da considerada capital turística das Rías Baixas.
Nos seus 36 quilómetros de costa, Sanxenxo conta con múltiples calas e 24 praias. As máis urbanas son Baltar, Caneliñas e, sobre todo, Silgar, á que se accede a través do paseo que percorre o centro da vila. Máis integradas en plena natureza están Montalvo ou Pragueira.
Ademais, é unha parada obrigada para os amantes dos deportes náuticos e conta con rutas e carreiros de gran beleza natural, como o Roteiro do Pai Sarmiento.
Mención especial merecen tamén os miradoiros de Paxariñas ou Punta Vicaño e as súas espectaculares vistas do val do Salnés e das rías de Pontevedra e Arousa.
Sanxenxo é un referente turístico senlleiro de Galicia e agora tamén destaca pola súa moderna infraestrutura de fibra óptica de R de ata 10 xigas.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Sanxenxo enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo) cun investimento total de 3,58M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
A rede máis rápida do mercado para os/as clientes/as de R
Os/as clientes/as de R dos núcleos de Sanxenxo conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.
A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming… etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de suba.
Cambio de equipos gratuíto e 5G
A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R son avisados/as e informados/as dos pasos que deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.
Cando en 2022 se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que R desprega dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
Imaxe de Turismo de Sanxenxo: praia de Sanxenxo.