Os habitantes dos núcleos de Agros Atalaia e Mirandela, no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

Despregamento de rede

O operador galego vén de rematar alí parte das tarefas de despregamento da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos lugares pobrenses. Deste xeito, 124 novos fogares e negocios dos devanditos núcleos quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, e a peche de 2021 falaremos de preto 1.300 de novas residencias particulares e empresas conectadas ás redes de última xeración do operador galego só no marco do Plan Avanza.

A maiores, o operador galego leva moito tempo investindo na despregadura da súa infraestrutura na Pobra do Caramiñal, de maneira que a ese milleiro longo de inmobles sumaranse outros 3.301 conectados ata a data a través doutras accións de desenvolvemento de rede, co que este concello da bisbarra do Barbanza comezará 2022 con 4.601 fogares e negocios incluidos nas redes de nova xeración de R.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Esta e outras actuacións de extensión de rede na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata ese momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investirase un total de 10M€, dos cales case 8M€ están a ser subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, esta última despregadura na Pobra do Caramiñal, nos núcleos de Agros Atalaia e Mirandela, enmárcase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos de concellos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo); o investimento total neste caso é de 3,58M€.

Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda larga de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de concellos do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo), cun investimento total de 2,6M€.

O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 196 núcleos de concellos do suroeste de Galicia (Pontevedra), traballos que nestas zonas suporán una investimento de 3,75M€.

65.000 fogares e negocios conectados a peche de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital .

A estes traballos hai que lles sumar as tarefas de extensión de redes avanzadas que desenvolveu R dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para lles achegar tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están arestora en fase de comercialización, ás redes de nova xeración de R.

Deste xeito, cando finalicen os dous plans, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía e Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden gozar agora de accesos ultrarrápidos a Internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do decodificador Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina, para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse gratuitamente a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R diseminados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello de A Pobra do Caramiñal: porto de A Pobra do Caramiñal.