Os núcleos de Barxa e Barcalleira veñen de incorporarse á renovada rede de fibra óptica de última xeración de R no municipio pontevedrés de Nigrán.
Así, xa poden dispoñer de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 10 xigas simétricos e gozar dos servizos máis avanzados de telecomunicacións do mercado, incluíndo wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.
Despregadura de rede
R rematou, a peche do ano pasado, outro treito das tarefas de despregadura da súa rede de fibra en Nigrán, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos devanditos núcleos, onde quedaron conectados 119 fogares e negocios en Barxa e 204 no núcleo de Barcalleira respectivamente.
O operador galego xa acometera en Nigrán outras despregaduras previas das súas redes nos núcleos do Carregal, Lugar do Monte, Albores-Pequeño e As Medoñas, onde daquela se conectaran en total ás redes avanzadas de R arredor de 600 vivendas e empresas deste concello da Ría de Vigo.
Cando rematen as despregaduras enmarcadas no vixente Plan Avanza no que R traballa, arredor de 6.000 fogares e negocios teranse unido xa á súa modernísima rede de fibra óptica no concello de Nigrán, pois aos conectados na contorna do Plan Avanza haberá que lles sumar os activados a raíz doutros desenvolvementos de rede que R vén realizando no municipio dende hai anos.
Máis fibra para a costa sur de Galicia
Nigrán dános a benvida ás súas praias de area branca, o seu coidado patrimonio histórico e as súas paraxes naturais.
A súa costa ofrécenos areais como a Praia de Patos ou a popular Praia América, un areal de máis dun quilómetro no que ademais desemboca o río Muíños. E outro río, o Miñor, dálle forma na súa parte final a un estuario que se converte nunha sorprendente marisma.
Se imos á montaña, descubriremos os montes de Chandebrito, coa súa característica escultura Rexurdimento, e os miradoiros de Monteferro, con espectaculares vistas das illas Cíes.
O seu rico patrimonio histórico está encabezado polo templo 'Votivo del Mar', obra de Antonio Palacios.
E agora Nigrán tamén destaca pola súa conectividade, ao sumar máis fogares e negocios con acceso á rede de fibra óptica de ata 10 xigas simétricos de R, a máis rápida do mercado.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Nigrán enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
A rede máis rápida do mercado para os/as clientes/as de R
Os/as clientes/as de R dos núcleos de Nigrán conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.
A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming… etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de suba.
Cambio de equipos gratuíto e 5G
A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R son avisados/as e informados/as dos pasos que deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.
Cando en 2022 se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que R desprega dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
Imaxe de Concello de Nigrán: porto de Nigrán.