Uns 316 fogares e empresas dos núcleos de Gruncheiras, O Piñeiro e O iglesario, no concello pontevedrés de Cangas do Morrazo, xa teñen acceso á nova rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) que estamos a modernizar nas catro provincias galegas.

Grazas a esta despregadura, os veciños desta localidade xa poden dispoñer de accesos simétricos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas, gozar de maior cobertura coa tecnoloxía wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.

Despregadura de rede

Acabamos de terminar este novo tramo dos traballos de despregamento de rede no concello de Cangas, capital da comarca do Morrazo, aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais dos novos núcleos incorporados.

Son máis de 300 novos inmobles que se unen a outros preto de catro centenares de residencias particulares e empresas que xa conectaramos previamente á nosa rede, tamén no marco do Plan Avanza, nos núcleos cangueses de Boubeta, Herbello, Gandón, Castelo, Magdalena, Gruncheiras e O Piñeiro.

Deste xeito, cando termine o programa do Ministerio, a previsión fala de 7.800 inmobles conectados, incluíndo tamén o resto de vivendas e empresas de Cangas ás que xa chegáramos noutras accións de despregadura ao longo dos anos.

Máis fibra para a comarca do Morrazo

Cangas, a capital do Morrazo, é un dos concellos máis visitados das Rías Baixas. Boa parte do seu atractivo radica nos seus numerosos areais, como a Praia de Melide, situada no Espazo Natural Protexido Dunas de Barra e Costa da Soavela.

Porque en Cangas mesmo as praias contan con interesante patrimonio arqueolóxico, como as ruínas do século XVIII que se atopan na Praia de Temperáns.

Na costa de Cangas figuran tamén numerosos faros e miradoiros, entre os que destaca Cabo Home, punto estratéxico para observar as illas Cíes.

Xa no interior, Cangas ten petróglifos tan recoñecidos comos os Labirintos de Mogor. Nas súas rúas hai igrexas, prazas e as ‘Casas de Patín’, típicas dos mariñeiros.

Ademais, Cangas non esquece a súa historia, mantendo a súas tradicionais danzas ancestrais, declaradas de Interese Turístico Galego. E ao seu rico patrimonio suma agora Cangas máis tecnoloxías con novos inmobles e negocios conectados á rede de fibra óptica de R.

Que vantaxes ten a fibra óptica FTTH de última xeración de R?

A transformación desta nova rede permite alcanzar unha cobertura óptima dos nosos servizos nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Esta nova rede dáche moito máis, por iso a chamamos fibra MAX.

Consulta aquí se chega fibra MAX á túa casa.
  • Tecnoloxía baseada no estándar XGS-GPON: preparada para simultanear tarefas de formación, teletrabajo, gaming, streaming ou videochamadas. Este estándar permite alcanzar velocidades simétricas de ata 10 xigas, é dicir, 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual, e 8 veces máis de capacidade de subida.
  • Wifi 6 para maior cobertura: a mellor tecnoloxía wifi do mercado, con sistema “dual band” ou frecuencia dual e selección de banda intelixente que chega a todos os recunchos do fogar. Trátase dun novo estándar de transmisión sen fíos: a “sexta xeración” wifi, máis eficiente en cobertura, máis rápida, máis segura (WPA3), con menor gasto enerxético, menos interferencias e unha xestión óptima en ata 200 dispositivos á vez.

Cambiámosche o equipamento de forma gratuíta

Se es cliente de R en Gruncheiras, O Piñeiro ou O Iglesario contactaremos contigo para cambiarche gratuítamente o equipo. Así poderás disfrutar de WiFi 6 e decodificador Android 4K, que integra Netflix e Amazon e a posibilidade de instalar apps e xogos en calidade 4 veces maior que o HD.

Estamos a despregar a nova rede FTTH en toda Galicia

Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración.

Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.

Con esta infraestrutura de última xeración que en R estamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Vilaboa enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,58M€.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas nosas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Imaxe do Concello de Cangas: vista de Cangas.