244 novos fogares e negocios dos núcleos de Peneda, Cerneda, A Igrexa, Ferrería e Monte, en Abegondo, xa teñen acceso á nova rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) que estamos a modernizar nas catro provincias galegas.
Grazas a esta despregadura, os veciños da localidade xa poden dispoñer de accesos simétricos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas, gozar de maior cobertura coa tecnoloxía wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.
Despregadura de rede
Seguimos traballando en Abegondo. Recentemente rematamos outro treito das tarefas de despregadura da nosa rede neste concello coruñés, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos devanditos núcleos, onde se conectaron 244 novos fogares e negocios (Peneda, 48; A Igrexa, 45; Cerneda, 3; Ferrería, 90 e Monte, 58).
Estes traballos únense aos desenvolvidos con anterioridade, tamén no marco do Plan Avanza, para incorporar inmobles noutros núcleos de Peneda, A Igrexa, Cerneda ou Cancelada.
Cando completemos a despregadura de rede, Abegondo contará, só en virtude do programa do Ministerio, con máis de 900 residencias e empresas conectadas ás nosas redes de nova xeración, preparadas así para recibir os servizos de telecomunicacións máis innovadores.
O interior da provincia de A Coruña suma máis fibra
Abegondo é unha terra entre ríos -Mero, Barcés e Gobia- situada na comarca natural de 'As Mariñas dos Frades'.
Casas solariegas, pazos, castros e cruceiros conflúen no seu extenso patrimonio.
Así, o concello de Abegondo acolle construcións como as Torres de San Tirso de Mabegondo ou a Casa de Felipe II, na que este monarca descansou cando embarcou dende a Coruña cara a Inglaterra para contraer matrimonio con María Tudor.
Mención especial merece o seu Cruceiro bonito, peza única en Galicia, de estilo bretón e cuxa construción data do ano 1787.
Para os amantes da natureza, o encoro de Cecebre é un lugar único no que cohabitan multitude de especies autóctonas de flora e fauna.
Abegondo suma agora á súa riqueza natural e patrimonial a renovada rede de fibra óptica de R, con accesos simétricos de ata 10 xigas.
Que vantaxes ten a fibra óptica FTTH de última xeración de R?
A transformación desta nova rede permite alcanzar unha cobertura óptima dos nosos servizos nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Esta nova rede dáche moito máis, por iso a chamamos fibra MAX.
Consulta aquí se chega fibra MAX á túa casa.- Tecnoloxía baseada no estándar XGS-GPON: preparada para simultanear tarefas de formación, teletrabajo, gaming, streaming ou videochamadas. Este estándar permite alcanzar velocidades simétricas de ata 10 xigas, é dicir, 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual, e 8 veces máis de capacidade de subida.
- Wifi 6 para maior cobertura: a mellor tecnoloxía wifi do mercado, con sistema “dual band” ou frecuencia dual e selección de banda intelixente que chega a todos os recunchos do fogar. Trátase dun novo estándar de transmisión sen fíos: a “sexta xeración” wifi, máis eficiente en cobertura, máis rápida, máis segura (WPA3), con menor gasto enerxético, menos interferencias e unha xestión óptima en ata 200 dispositivos á vez.
Cambiámosche o equipamento de forma gratuíta
Se es cliente de R en Peneda, Cerneda, A Igrexa, Ferrería ou Monte contactaremos contigo para cambiarche gratuítamente o equipo. Así poderás disfrutar de WiFi 6 e decodificador Android 4K, que integra Netflix e Amazon e a posibilidade de instalar apps e xogos en calidade 4 veces maior que o HD.
Estamos a despregar a nova rede FTTH en toda Galicia
Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración.
Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que en R estamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de A Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Abegondo enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas nosas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
Imaxe de Concello de Abegondo: encoro de Cecebre.