Ao municipio ourensán de Barbadás chega xa a nosa fibra MAX. A mellor rede de internet para xogar en liña sen retardos, gozar dos teus contidos favoritos de Prime Video ou Netflix en altísima calidade e navegar con máis velocidade e seguridade.

Consultar cobertura de fibra en Barbadás

Oferta de fibra de R en Barbadás

En R estamos a levar a cada recuncho de Galicia a nosa rede de fibra ultrarrápida que chega directamente ata o fogar (FTTH). Queres coñecer as súas vantaxes?

  • Ata 10Gb de velocidade de internet. Como 4 veces máis rápida que outras fibras e coa mesma velocidade de subida e de baixada. O noso internet está preparado para alcanzar os 10 Gb no futuro, aínda que os/as nosos/as usuarios/as particulares xa gozan dun 1Gb.

  • Mellor cobertura e velocidade. Inclusive se te afastas do router, o noso sistema wifi 6 universal permíteche navegar a pleno rendemento.

  • Seguridade. O protocolo sen fíos WPA3 é o máis seguro do mercado. Cal cres que usa a nosa rede?

  • Sen retardos nin lag. Despídete dos problemas de latencia ou ping. Para iso conectámonos aos mellores servidores de gaming e a plataformas como twitch.

  • Contidos en altísima calidade co noso deco Android 4K. Incluímos un decodificador que che permite converter a túa tele nunha Smart TV e acceder ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K. Tamén podes descargar aplicacións e desfrutar de rebobina.

  • Tarifa de móbil con datos ilimitados en Barbadás

    Temos unha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    Porque se tamén contratas o teu móbil con R, unificarás facturas, aforrarás un pouquiño e, ademais, gozarás automaticamente das vantaxes da cobertura 5G. Só necesitas un teléfono compatible e estar nalgunha das moitas zonas de Galicia nas que xa teñamos completado a despregadura desta tecnoloxía.

    Ver ofertas de fibra + móbil en Barbadás

    Contrata ou cambia a fibra MAX en Barbadás

    Aínda non es cliente/a de R? Consulta os detalles da oferta na nosa web ou chámanos para coñecer que ofrece fibra MAX.

    Es cliente/a? Nin custos nin trámites adicionais para ti. Poñerémonos nós en contacto contigo cando a rede estea dispoñible na túa zona para instalarche os novos equipos.

    Cobertura de fibra en Barbadás

    Máis de 2.600 empresas e particulares de Barbadás xa gozan das vantaxes da rede máis moderna do mercado. Queremos ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar a máis veciños/as de Barbadás, así que seguimos con tarefas de mellora continua.

    Barbadás, a terra do Tangaraño

    Barbadás é un concello da provincia de Ourense situado a escasos quilómetros da capital provincial.

    Pola súa localización, trátase dunha área residencial con grande actividade industrial, pero tamén é un lugar de gran riqueza natural que conta con múltiples rutas de sendeirismo aptas para todos os gustos, como a Ruta dos Castros e a Ruta do Tangaraño.

    No Monte de San Bieito de Cova do Lobo hai unha rocha xigantesca de granito que serve como excepcional miradoiro sobre a cidade de Ourense. Podes pasar por baixo dela e atribúenselle propiedades curativas. É o Tangaraño de Barbadás.

    Museo da Gaita de Fole

    Do seu patrimonio histórico sobresaen a igrexa de San Bieito de Bentraces e as capelas de San Roque de Sobrado do Bispo; a capela e cruceiro de San Mamerto ou a capela da Virxe das Neves, no monte Ladaíña. Tamén son destacables os pazos de Bentraces e Piñor e a fonte de Lemos, construída no século XVII.

    Un lugar especial é o Museo da Gaita de Fole, un referente mundial deste instrumento e da súa historia.

    E con todo esta bagaxe natural, patrimonial e industrial, Barbadás asómase agora ao futuro máis innovador coa rede de fibra óptica máis moderna do mercado, a de R.

    Imaxe: Wikipedia.