Ao municipio ourensán de Barbadás chega xa a nosa fibra MAX. A mellor rede de internet para xogar en liña sen retardos, gozar dos teus contidos favoritos de Prime Video ou Netflix en altísima calidade e navegar con máis velocidade e seguridade.
Consultar cobertura de fibra en BarbadásOferta de fibra de R en Barbadás
En R estamos a levar a cada recuncho de Galicia a nosa rede de fibra ultrarrápida que chega directamente ata o fogar (FTTH). Queres coñecer as súas vantaxes?
Tarifa de móbil con datos ilimitados en Barbadás
Temos unha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.
Porque se tamén contratas o teu móbil con R, unificarás facturas, aforrarás un pouquiño e, ademais, gozarás automaticamente das vantaxes da cobertura 5G. Só necesitas un teléfono compatible e estar nalgunha das moitas zonas de Galicia nas que xa teñamos completado a despregadura desta tecnoloxía.
Ver ofertas de fibra + móbil en BarbadásContrata ou cambia a fibra MAX en Barbadás
Aínda non es cliente/a de R? Consulta os detalles da oferta na nosa web ou chámanos para coñecer que ofrece fibra MAX.
Es cliente/a? Nin custos nin trámites adicionais para ti. Poñerémonos nós en contacto contigo cando a rede estea dispoñible na túa zona para instalarche os novos equipos.
Cobertura de fibra en Barbadás
Máis de 2.600 empresas e particulares de Barbadás xa gozan das vantaxes da rede máis moderna do mercado. Queremos ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar a máis veciños/as de Barbadás, así que seguimos con tarefas de mellora continua.
Barbadás, a terra do Tangaraño
Barbadás é un concello da provincia de Ourense situado a escasos quilómetros da capital provincial.
Pola súa localización, trátase dunha área residencial con grande actividade industrial, pero tamén é un lugar de gran riqueza natural que conta con múltiples rutas de sendeirismo aptas para todos os gustos, como a Ruta dos Castros e a Ruta do Tangaraño.
No Monte de San Bieito de Cova do Lobo hai unha rocha xigantesca de granito que serve como excepcional miradoiro sobre a cidade de Ourense. Podes pasar por baixo dela e atribúenselle propiedades curativas. É o Tangaraño de Barbadás.
Museo da Gaita de Fole
Do seu patrimonio histórico sobresaen a igrexa de San Bieito de Bentraces e as capelas de San Roque de Sobrado do Bispo; a capela e cruceiro de San Mamerto ou a capela da Virxe das Neves, no monte Ladaíña. Tamén son destacables os pazos de Bentraces e Piñor e a fonte de Lemos, construída no século XVII.
Un lugar especial é o Museo da Gaita de Fole, un referente mundial deste instrumento e da súa historia.
E con todo esta bagaxe natural, patrimonial e industrial, Barbadás asómase agora ao futuro máis innovador coa rede de fibra óptica máis moderna do mercado, a de R.
Imaxe: Wikipedia.