En R esforzámonos, dende o inicio da nosa andaina, por levar os nosos servizos avanzados de telecomunicacións ata o último recuncho de Galicia. E concretamente nos últimos meses intensificamos os traballos de mellora e despregamento da nosa rede de fibra óptica para lle responder á demanda de cidadáns, empresas e municipios.
Niso somos pioneiros. Como che diciamos, hai máis de dúas décadas propuxémonos chegar ao maior número de persoas e negocios na comunidade, tarefa non sempre fácil, por mor da complicada orografía dalgunhas zonas do territorio, que nos fixo suar o noso.
Pero todo este esforzo pagou a pena porque xa sodes máis de 1.200.000 fogares e negocios da comunidade os que podedes desfrutar dos servizos avanzados de R: ata 500 megas, televisión dixital con deco Android 4K e servizo móbilR de última xeración, entre outras moitas vantaxes.
Algúns datos
Non che imos a aburrir con cifras, pero queremos compartir contigo algúns datos deste despregamento.
- 133 novos municipios incorporáronse á rede de R, directa ou indirectamente, en 2020.
- 275 municipios, case un 88% dos 313 que conforman Galicia, poden dispoñer xa dos servizos de R. Ou o que é o mesmo, preto do 80% do territorio de Galicia.
- Só grazas ao Plan Avanza, 65.000 novos fogares e empresas quedarán preparadas para recibir R a finais de 2021.
Despregamentos de R en “zonas brancas”
As “zonas brancas” son áreas con núcleos de poboación que ata o de agora non dispoñían de alta velocidade. E para chegar a eles, despregamos tecnoloxía FTTH en 512 núcleos dende 2018. Cando finalicen as actuacións adxudicadas a R polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital teremos chegado a 32.000 novos fogares e negocios.
Se sumamos esa cantidade aos 33.000 inmobles conectados desde 2016 grazas a outro Plan Avanza do Ministerio do que resultamos adxudicatarios, falamos de preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
A fibra óptica de R, por núcleos
Se queres, podes comprobar neste mapa os núcleos nos que xa temos despregada rede de fibra óptica neste momento en Galicia:
Todo isto foi posible grazas a ti, porque es ti quen nos permites seguir crecendo día a día.
O compromiso de R con Galicia segue intacto.
Grazas pola túa confianza!