A asociación folclórica Colexiata do Sar, en Santiago de Compostela, organiza os días 5 6 e 7 de xuño a V edición do festival folk na Beira do Sar

Unha fin de semana chea de cultura, música tradicional, gastronomía e convivencia no Camiño da Prata. E todo nunha contorna marabillosa, xunto á Colexiata de Santa María do Sar, en Santiago.

Programa Festival folk na Beira do Sar 2026

Velaquí todos os detalles da programación durante os tres días que dura o festival

Venres, 5 de xuño

  • 19:30h. Apertura do Festival: Presentacións e inauguración de la exposición de máquinas de coser antiguas "CoSAR e CANTAR".
  • 22:00h. Concerto de ASTAROT.

Sábado, 6 de xuño

  • 11:00h. Animación para nen@s + pasarrúas e cabezudos.
  • 11:00h. Sesión Vermú + roteiros comentados + mercado de artesanía.
  • 11:00h. Catas e Showcooking: Co cociñeiro André Arzúa e a sumiller Núria Quintela (inscrición previa necesaria no email: colexiata@colexiata.com).
  • 20:00h. Festival de Música Tradicional con: Faíscas da Pontraga + Xurxo Fernandes + Tiruleque.

Domingo, 7 de xuño

  • 12:00h: Pasarrúas + cabezudos + sesión vermú.
  • 20:00h: Concerto de peche con Carlos Núñez

Se o teu é a música tradicional, lembra que tes unha cita a primeira fin de semana de xuño en Santiago xunto á Colexiata.