Ribadeo, ten en setembro una das súas festas máis queridas na honra de Santa María do Campo, son as festas de Ribadeo 2025, do 29 de agosto ao 8 de setembro. O municipio da mariña lucense celebra as súas festas patronais con concertos, verbenas con orquestras, o desfile dos Cocos ou os fogos artificiais. Contámosche todo o programa das festas de Ribadeo 2025.

Programa de festas de Ribadeo 2025

O programa das festas de Ribadeo 2025 arrinca o venres 29 de agosto e termina o luns 8 de setembro, que é o día da patroa Santa María do Campo e festivo local en Ribadeo 2025.

Agora que xa sabes cando son as festas patronais de Ribadeo 2025, contámosche as actividades máis destacadas.

A véspera da patroa celébrase coa saída dos Cocos e Cabezudos e con fogos artificiais. E o propio día da patroa, ten lugar a procesión, concertos e verbenas.

Pero hai moitas máis actividades que anunciou a Comisión de Festas de Ribadeo.

Consulta aquí todo o programa das festas de Ribadeo 2025, do 29 de agosto ao 8 de setembro, para que non te perdas nada.

Venres, 29 de agosto

  • 19:30 h. Pasacarrúas de Sorcha Showband.
  • 20:30 h. Pregón das Festas de Ribadeo 2025 a cargo de Pepe Rodil. A continuación, Pasarrúas de Sorcha Showband.
  • 23:30 h. Festa de DJs: SP The Sound Project, Manu Mendez, Litainer.

Sábado, 30 de agosto

  • 12:00 - 18:00 h. Praza de Abastos: Mercadillo.
  • 20:00 h. Porto deportivo: Xara Fest 2025.

Domingo, 31 de agosto: Día da bicicleta

  • 10:30 h. Concentración.
  • 11:00 h. Saída dende a Casa do Concello.

Mércores, 3 de setembro: Día dos maiores

  • Durante todo o día os Cocos e Cabezudos, co Cuarteto de Gaitas Illa Pancha, visitan o Centro de día e a Residencia.

Venres, 5 de setembro

  • 16:30 h. Cantón: Día do neno con IG10, hinchables, festa da escuma...
  • 20:30 h. Pasarrúas de Los Támega.
  • 23:30 h. Recinto feiral. Verbena:
    • Orquestra Finisterre.
    • Orquestra Panorama City.

Sábado, 6 de setembro

  • 12:00 h. Pasarrúas de Los Támega.
  • 14:00 h. Recinto feiral: sesión vermú con La Hora Bruja.
  • 23:00 h. Recinto feiral. Verbena:
    • Grupo Tekila.
    • Orquestra Furia Joven.

Domingo, 7 de setembro

Fiestas patronales de Ribadeo
Imaxe: Turismo de Ribadeo
  • 11:00 h. Bombas de palenque.
  • 11:30 h. SaÍda dos Cocos e Cabezudos, co Cuarteto de Gaitas Illa Pancha.
  • 12:30 h. Concerto de Pandereteiros do inferno.
  • 14:00 h. Recinto feiral: sesión vermú co grupo La Bamba.
  • 22:45 h. Recinto feiral. Verbena:
    • Grupo La Bamba.
    • Orquestra Cinema.
  • 23:59 h. Fogos artificiais no peirao.

Luns, 8 de setembro

  • 11:00 h. Bombas de palenque.
  • 11:30 h. Casa do Concello: recibimento de autoridades ata a Igrexa Parroquial.
  • 12:00 h. Misa e procesión. A continuación, diante do Concello actúa a Banda Municipal de Ribadeo.
  • 14:00 h. Recinto feiral: sesión vermú coa orquestra Channel.
  • 22:00 h. Recinto feiral. Verbena:
    • Orquestra Channel.
  • 23:30 h. Recinto feiral: Concerto do grupo Ráfaga.
  • A continuación, fin de festa coa orquestra Channel.

Os Cocos nas festas de Ribadeo

Fiestas en Ribadeo 2024
Imaxe: Turismo de Ribadeo

Sen dúbida algunha son o centro de atención das festas de Ribadeo. O Coco e a Coca son un dos seus maiores atractivos, dúas figuras que contan co cariño de toda a veciñanza do concello lucense e da súa contorna.

Os Cocos son a parella figurativa máis representativa de Ribadeo. Sobre eles sábese que os cartos da súa construción foron doados en 1870 (960 reais de billón) por José María Iglesias. Inicialmente construíronse coa idea de “contribuír a un maior recoñecemento das festas do Carme”, que daquela eran case máis importantes que as festas patronais.

O seu tamaño é de 3,5 metros de altura e contan cunha armazón metálica (anteriormente era de madeira) para que poidan ser transportados por persoas situadas no seu interior. Saen sempre a desfilar acompañados de cabezudos levados pola xente da vila.

A tradición ribadense, sen documentar, di que a parella na que se basearon o Coco e a Coca foi unha parella moi popular que viviu a mediados do século XIX e que os rizos que o Coco leva na fronte son unha lembranza da “liberdade” coa que a viviu Coca a súa relación matrimonial.

Veñan de onde veñan, os veciños de Ribadeo sacan cada ano os Cocos xunto aos cabezudos nas festas de San Roque e das patronais de Santa María do Campo para desfilar e amenizar o ambiente festivo. Se non podes acudir nesas datas, na Praza de San Roque hai unha reprodución metálica dos Cocos para poder admirar a súa peculiar beleza durante todo o ano.

As festas patronais de Ribadeo 2025 celébranse en setembro, para pechar os festexos do verán, que empezan cada ano co Ribadeo Indiano en xullo e continúan en agosto coa Xira de Santa Cruz e a festa de San Roque.

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Ribadeo.