Portonovo, no municipio de Sanxenxo, celebra as súas festas de San Roque do 14 ao 18 de agosto. Tradicións, moita música e unha infinidade de actividades animan durante cinco días, aínda máis, unha das nosas localidades costeiras máis visitadas. Coñece o programa das festas de San Roque de Portonovo.
O primeiro que tes que saber é cando son as festas de Portonovo. En 2024, do mércores 14 ao domingo 18 de agosto.
E agora que xa as situaches na túa axenda, contámosche o máis importante: o programa das festas de Portonovo.
Programa das festas de Portonovo 2024
Nas festas de Portonovo, tradición e animación combínanse para alegría dos moitos nenos e maiores que acoden cada ano para gozar do San Roque nesta localidade pertencente ao concello de Sanxenxo.
Aquí tes o programa das festas que organiza a Asociación Cultural Comisión de Festas de San Cristóbal de Portonovo.
Mércores, 14 de agosto
• Pasarrúas
• Sardiñada no porto
• Actuación de DJ BAIS7
Xoves, 15 de agosto (Día da Nosa Señora)
• Salva de bombas
• Pasarrúas
• Misa
• Procesión San Roque
• Fogos artificiais
• Verbena con Gintoni´s e Arena
Venres, 16 de agosto (Día de San Roque)
• Alboradas
• Concerto da Banda de Música de Sanxenxo
• Tradicional Encontro de Imaxes
• Misa cantada
• Verbena: Gran Parada e Dolce Vita
• Fogos artificiais
Sábado, 17 de agosto
• Salva de bombas
• Pasarrúas
• Concerto da Banda de Música Municipal de Redondela
• Misa solemne
• Procesión, con Baile Especial á Virxe do Carme
• Verbena: Costa Dorada e Poison
Domingo, 18 de agosto (Día do Can de San Roque)
• Salva de bombas
• Alborada cos Gatiños
• Xogos Tradicionais e Concurso “Pau de Sevo”
• Verbena: Galilea e Dolce Vita
Xa ves que, entre fogos e pasarrúas, tamén hai espazo para a romería, misas e procesións. Tampouco faltan as actuacións musicais nin as verbenas.
Nin dous dos momentos máis esperados e especiais para os asistentes: o Encontro de Imaxes e o Concurso “Pau de Sevo”.
Encontro de Imaxes nas festas de Portonovo
O Encontro de Imaxes das festas de San Roque de Portonovo é unha tradición con máis de 2 séculos de historia.
Consiste nun "saúdo" entre as diferentes imaxes da parroquia: as santas da Igrexa Parroquial e os santos da Capela de Portonovo. Portadas en procesión polos veciños, tras o fin da misa solemne do día de San Roque, atópanse diante do colexio público de Portonovo.
Pau de Sevo nas festas de Portonovo
En que consiste o popular “Pau de Sevo”?
O “Pau de Sevo” é un xogo tradicional do San Roque que conta con dúas versións diferentes.
Nunha delas, os participantes deben manter o equilibrio sobre un tronco untado en "sebo". Na outra, ascender trepando polo tronco, tamén untado en sebo. Non é tarefa fácil, pero son moitos os audaces que cada ano se atreven co "Pau de Sevo" e se aplican a fondo coa súa mellor técnica (lamentablemente, non sempre con éxito garantido ;)
Portonovo, festa nun dos lugares imprescindibles do verán galego
Portonovo, en Sanxenxo, é un dos lugares máis visitados de Galicia no verán.
Razóns hai dabondo, destacando as súas fantásticas praias, como Canelas, Montalvo ou Baltar; ou a súa rica gastronomía, co marisco e, sobre todo, coa famosa raia como gran protagonista (na primavera celébrase a "Festa da Raia e Produtos do Mar de Portonovo"). Ademais de ser un lugar estratexicamente colocado para visitar outro dos nosos paraísos naturais: as illas Cíes.
E, para redondear estes plans de verán, nada mellor que as festas de San Roque, patrón de Portonovo.
Tradición do San Roque en Portonovo
A finais do século XVI, en Sanxenxo sufriron unha epidemia de peste bubónica.
Por que che contamos isto nun post de festas? Pois porque aí arrinca en Portonovo a devoción a San Roque, do que se dicía que era un protector contra a enfermidade.
Séculos despois, as festas de Portonovo non se esquecen do seu querido San Roque e converten o seu día nunha das festas máis populares de Galicia.
Fonte imaxe cabeceira: Concello de Sanxenxo.