Setembro vívese doutro xeito en Rianxo. Cando se achega o final do verán, a vila mariñeira coruñesa engalánase para vivir toda unha semana de festas na honra da Virxe "Moreniña". Son as Festas de Guadalupe de Rianxo 2025, do 12 ao 19 de setembro.
É ben singular o xeito en que viven as festas rianxeiros e rianxeiras.
Programa das festas da Guadalupe de Rianxo 2025

A festividade da Virxe de Guadalupe en Rianxo é sempre o domingo despois do 8 de setembro, polo que este ano é o 14 de setembro. Pero os rianxeiros e as rianxeiras celébrano dende o venres anterior ata o posterior a esa data.
Este ano, as festas da Guadalupe 2025 van do 12 ao 19 de setembro.
Velaquí o cartel da Guadalupe e o programa diario dos oito días de festas de Rianxo 2025, que publica a Asociación “A Moreniña” na páxina das Festas da Guadalupe de Rianxo.

Venres, 12 de setembro
- Festa dos 90:
- 22:00 h. The Cuncas botarán a andar a festa.
- 00:00 h. Chupitaso e a presentación musical das Juadalupeñas.
- 01:00 h. Serie B Music levará os rianxeiros aos 90 con videoclips para todos os gustos, desde Nirvana ata Britney Spears, pasando por Juan Luís Guerra e Ace of Base. Ademais, como cada ano, a idea é que a xente vaia con roupa daquela época para dar o cante e cantar e bailar.
- 03:00 h. Actuación de DJ Ekix.
Sábado, 13 de setembro
- 10:00 h. Alborada da Banda da Escola de Música de Rianxo.
- 10:00 h. Alborada de Trécola.
- 10:00 h. Dende a Praza Castelao, Ruta Cicloturista.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo.
- 14:00 h. Sesión vermú coa orquestra Channel.
- 18:00 h. Praza da Igrexa: concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo.
- 19:00 h. Rúa de Abaixo: Tardeo con Naitinain.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: concerto de música tradicional e baile de Fogo Fatuo.
- 20:00 h. Novena e ofrenda na Capela da Guadalupe.
- 20:00 h. Certame de Corais no Auditorio, coa Coral Abraira e corais convidadas.
- 20:00 h. Charanga polas rúas: Os Celtas.
- 21:30 h: Verbena galega.
- Orquesta Channel.
- Pili Pampín.
- Mekanika Rolling Band.
- Cool Nenas.
- Galician Army.
Domingo, 14 de setembro
- 10:00 h. Alborada da Banda de Música de Catoira e a Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña.
- 11:00 h. Rondalla de Mariachi Perla polas rúas.
- 12:00 h. Misa solenme na Capela da Guadalupe.
- 13:00 h. Procesión marítima.
- 18:00 h. Praza da Igrexa: Concerto da Banda de Música de Catoira.
- 19:00 h. Tardeo na Martela con Sós.
- 19:00 h. Baile-romaría no Paseo da Ribeira co trío Alborada.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: música tradicional e baile con Vai de Roda.
- 22:00 h. Verbena coas orquestras:
- Grupo Beatriz.
- Arizona.
- 00:00 h. Paseo da Ribeira: Fogos artificiais aéreos e acuáticos.
Luns, 15 de setembro
- 10:00 h. Alborada da Banda Cultural de Arcade.
- 11:00 h. Visita da Virxe da Guadalupe á igrexa parroquial.
- 11:30 h. Juadalupeñas. Xogos das peñas na Praza Castelao.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: Concerto da Banda Cultural de Arcade.
- 14:00 h. Sesión vermú con Unión y Fuerza.
- 15:00 h. Parque da Martela: Comida popular das Juadalupeñas.
- 18:00 h. Festivaliño.
- 13:00 h: Praza da Igrexa: Concerto da Banda Cultural de Arcade.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: Cantos populares a cargo de Cántañe a Rianxo con Río de Anxo.
- 22:00 h. Verbena:
- Gran Parada.
- Unión y Fuerza.
Martes, 16 de setembro
- Dende as 11:30 h. Praza da Igrexa e Xardíns da Ribeira: xornada de cultura urbana, con ParkourPark, WorkoutPark e muralismo. Obradoiros de Parkour e Calistenia.
- 11:00 h. Alborada e vermú polas rúas con O Son do Río.
- 14:00 h. Praza Castelao: Sesión vermú a cargo de Dilema.
- 17:00 h. Continúa a xornada de cultura urbana.
- 18:30 h. Día de Padrón: Recepción ás autoridades, coa Banda da Escola de Música de Rianxo. Concerto da Banda Municipal de Padrón no Campo de Arriba.
- 20:00 h. Charanga polas rúas con Charandonga.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: Obradoiro freestyle e concertos de rap en galego.
- 22:00 h. Verbena:
- Marbella.
- Cougar.
Mércores, 17 de setembro
- 11:00 h. Alborada e vermú polas rúas con Os Festas.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: Asacocirco Show.
- 14:00 h. Praza Castelao: Sesión vermú con Trío Alborada.
- 15:00 h. Día dos nosos maiores: xantar e baile.
- 18:00 h. Praza da Igrexa: Concerto da Banda de Música de Visantoña.
- 19:00 h. Rúa do Medio: Tardeo con Ulex.
- 20:00 h. Praza da Igrexa: Espectáculo de circo O Rei Midas.
- 20:00 h. Charanga polas rúas con Charanga Furruxa.
- 22:00 h. Verbena:
- Los Satélites.
- Cayena.
Xoves, 18 de setembro
- Feirón Mariñeiro "A feira de 1925" durante todo el día no casco vello. O feirón cumpre 20 anos de vida. Animación con Cé Orquestra Pantasma.
- 13:00 h. Praza da Igrexa: Sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma.
- 14:00 h. Praza Castelao: Sesión vermú con Grupo Alaska.
- 20:00 h. Rianxeira Popular nos Xardíns da Ribeira.
- 21:00 h. Noite folc nos Xardíns da Ribeira con Benofán, Alvariza, Maruxa e Coralia.
- 22:00 h. Verbena:
- Banda Guadí.
- New York.
Venres, 19 de setembro
- 11:00 h. Día Infantil durante toda a xornada na Praza Virxe da Guadalupe cunha gran xincana inchable.
- 13:00 h. Festa da escuma na Praza Castelao.
- 14:00 h. Sesión vermú con Mar de Arousa.
- 16:00 h. Gran xincana inchable.
- 23:00 h. Praza da Igrexa: Verbena infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona.
- 00:00 h. Rianxeira infantil.
- Gran verbena con tres orquestras:
- Mar de Arousa.
- Ritmo Xoven.
- Saudade.
- 02:00 h. Bengalas, Rianxeira e gran traca final.
Procesión marítima da Guadalupe de Rianxo
O Domingo da Guadalupe é a xornada grande. É o día no que se honra a Moreniña, como chaman á Virxe da Guadalupe en Rianxo, pola súa cor de pel. Ás 12 ten lugar a misa solemne no Campo de Arriba. Despois, os vecinos sacan en procesión a Guadalupe. A Virxe leva máis de 250 anos dende a súa chegada Rianxo, polo que é un símbolo da localidade.
Como se trata dunha vila mariñeira, a procesión realízase polo mar, e participan os distintos barcos pesqueiros do lugar e doutras zonas da Arousa, tal é a devoción a esta virxe.

Feirón Mariñeiro de Rianxo
O xoves é un dos días grandes da Guadalupe de Rianxo, xa que se celebra o Feirón Mariñeiro, onde os veciños da vila o dan todo e viven esta xornada con grande entusiamo. Todo o mundo sae á rúa ataviado con roupa de mariñeiro (polo xeral unha camiseta branca e un pantalón azul) ou ben de época (saias antigas e mantóns). Pola tarde ten lugar a Rianxeira popular, onde todo o que pode leva un instrumento para tocar e cantar xuntos.
Rianxeira y bengalas

As festas da Guadalupe de Rianxo acaban por todo o alto.
O último venres, a festa dura toda a noite. Hai tres orquestras que actúan ata pasadas as 8 da mañá, para os que queiran despedir o verán ao grande.
Non obstante, ás 2 da madrugada prodúcese uno dos momentos máxicos, cando toda a praza canta a Rianxeira mentres se acenden miles de bengalas.
Festival Rock in Rian 2025

Nesta ocasión, o Rock in Rian celébrase fóra do programa das festas da Guadalupe de Rianxo. En concreto, será unha semana antes.
Datas do Rock in Rian 2025: 5 e 6 de setembro
Entradas: á venda aquí.
Lugar de celebración: Parque de Galiza.
Grupos participantes en el festival Rock in Rian 2025:
- Boikot
- Dakidarría
- Rebeliom do Inframundo
- Kumpania Algazarra
- A banda da loba
- Lisdexia
- High Paw
- Naide González
- The Twinpims
- Adala
- Festicultores
- Collon de Lola
- DJ Rapante
- La Duendeneta
- Maruxa e Coralia
- Río de Anxo
- Vai de Roda
- Buxaina
- Fogo Fatuo
Ademais, o Rock in Rian 2025 conta con zona de acampada gratuíta. A uns 500 metros de onde se celebra o festival, atópase un espazo verde onde os asistentes poden deixar a súa tenda de campaña e descansar. E todo con vistas ao mar.
Letra da Rianxeira: "Ondiñas veñen e van"
Para moitos galegos e galegas é considerado o segundo Himno Galego. "A Rianxeira" é unha canción que enche o corazón de toda a poboación de Galicia. Moito máis se son de Rianxo.
Estendida polo mundo, a canción naceu na emigración e é a protagonista do último día das festas da Guadalupe de Rianxo. Acenden miles de bengalas e todos os/as asistentes á verbena, ás 2 da madrugada do venres, cantan ao unísono.
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando veu para Rianxo, BIS
a barquiña que a trouxo
era de pau de laranxo. BIS
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
quen te puxo moreniña BIS
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña BIS
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear.
Se o último día vas ás festas da Guadalupe de Rianxo 2025 é obrigatorio cantar a canción con todos os rianxeiros e rianxeiras. Non tes escusa para non aprendela.