Quecheparece
Ascensor Halo Vigo: horario, prezo, accesos, iluminación…
Despois das luces de Nadal de Vigo chega a nova atracción turística da cidade olívica: o ascensor Halo Vigo. Cunha altura de 50 metros, o Halo de Vigo afórralle uns 2 quilómetros e unhas cantas costas aos vigueses. Pero ademais de facilitar a mobilidade, o Halo Vigo Vialia é un auténtico miradoiro cunhas vistas impresionantes da ría. Infórmate aquí do horario do Halo Vigo, do seu prezo, dos accesos, da iluminación e dos arquitectos que o deseñaron, entre outras curiosidades.