Un ano máis, R patrocina o OPEN SCIENCE CAMBRE, que terá lugar o sábado 18 e o domingo 19 de setembro en formato online e presencial; un plan educativo pensado para vivir e gozar en familia co que queremos que vos acheguedes un pouco máis ás novas tecnoloxías.
crea R é unha iniciativa de R para fomentar a aprendizaxe e o emprendemento mediante habilidades emocionais e sociais para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Nesta ocasión, no OPEN SCIENCE CAMBRE cativos e cativas achegaranse, xogando, aos conceptos básicos a través da plastilina e aprenderán a deseñar un sistema automatizado nos talleres de robótica crea R.
Que talleres haberá?
Cidades condutivas. Taller para nen@s de 7 e 8 anos.Os participantes aprenderán conceptos básicos de condutividade a través da plastilina condutiva construíndo a maqueta dunha cidade e moldeando dunha maneira máis creativa con este material condutor de electricidade. Para terminar, acenderán diversas loces LED da propia maqueta.
Sala de operacións. Taller: Para nen@s de 9 e 10 anos.Aprenderán conceptos básicos de condutividade e sinais dixitais, así como o funcionamento dun curtocircuíto dunha maneira educativa e divertida mediante a creación dun 'xogo de operacións' que deseñarán e programarán ao seu gusto. Todo iso a través da chamda placa microbit e de diferentes elementos electrónicos.
Sistema de rega intelixente. Taller para nen@s de 11 e 12 anos.Aprenderán a deseñar un sistema automatizado que detecta o nivel de humidade e a temperatura das plantas para saber cando deben regarse, baseándose en sensores de humidade, un sensor térmico integrado e unha placa controladora. Ademais, crearán un sistema que sirva para comprender os datos obtidos dunha forma visual e amigable.
Onde?
No espazo R do patio do Colexio Wenceslao Fernández Florez.
Cando?
O sábado 18 de setembro de 2021 de 12:00 a 14:00 horas.
Como podo inscribirme?
A través desta ligazón. Os obradoiros son gratuitos, pero, ollo!, lembra que as prazas son limitadas.
E se quedo con dúbidas?
Escríbenos a esta dirección de correo electrónico, [email protected] e tentaremos solucionalas.