Ano novo, contidos novos. O 2025 ven cargadiño para todos os amantes das series, dos filmes e dos deportes. O entretemento é o rei na televisión que ofrecemos en R coa nova canle SkyShowtime, que engadimos o mes pasado. Nela pódese gozar da exitosa Yellowstone, entre outros contidos.

Para os máis peques da casa incluímos a nova canle Baby TV. O mellor deporte chega co Open de Australia en Eurosport e, para ir abrindo boca, este mes de xaneiro abrimos a canle AMC para que non te perdas Tales of The Walking Dead e moitas películas.

A estes lanzamentos de xaneiro que podes gozar a través de R únense os das túas plataformas favoritas, onde xa tes dispoñible El Juego del Calamar 2, en Netflix; a estrea do drama médico The Pitt, en Max; ou Culpa tuya, a segunda película da triloxía Culpables en Prime Video.

Yellowstone, en SkyShowtime: dial 10

Coa estrea dos novos episodios da tempada 5B poderás ver toda a cronoloxía da saga de Yellowstone, dende 1883 ata 1923. Se aínda non os coñeces, en Yellowstone descubrirás a vida da familia Dutton mentres loita por manter o poder, o territorio e os segredos no seu rancho de Montana. A serie protagonizada por Kevin Costner, que interpreta a John Dutton, está dispoñible na canle SkyShowtime, que incorporamos fai unhas semanas en Ocio TV e Total TV.

  • SkyShowtime: dial 10.
  • Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Tales of The Walking Dead, en AMC en abierto: dial 11

A canle en aberto de xaneiro na tele que podes gozar con R é AMC. Grazas a iso, poderás gozar da estrea de Tales of The Walking Dead, será o luns 13 de xaneiro ás 22:10 horas. Seis episodios de máis apocalipses zombies, misterios, caras coñecidas e novos personaxes.

AMC non se esquece do cinema. Cada fin de semana deste mes, a canle en directo preparou maratóns de cine para todos os gustos. Nos Ultrahits de AMC en xaneiro inclúen clásicos coma Black Hawk derribado ou Deep Blue Sea, cine de acción coma Objetivo: Londres ou Green zone: distrito protegido, e películas de amor coma 40 días y 40 noches ou Expiación, más allá del amor.

Ademais, AMC estreará en xaneiro a última película de Paul Shrader, El maestro jardinero, protagonizada por Sigourney Weaver e Joel Edgerton. Cine para todos os gustos os venres, sábados e domingos ás 22:10 h.

Non o esquezas, en AMC, a canle convidada que está aberta en xaneiro:

  • Tales of The Walking Dead: luns, 13 de xaneiro, ás 22:10 h.
  • Ultrahits de AMC: venres, sábados e domingos, ás 22:10 h.
  • Baixo demanda: en rebobina

Fire Country, en Calle 13: dial 16

A nova serie estrela de Calle 13 é Fire Country, que conta a historia de Bode Leone, un mozo convicto que busca a redención e a redución da súa condena uníndose a un programa de loita contra os incendios forestais para presos do norte de California. Un dos seus destinos de Bode Leone será a localidade onde naceu e que abandonou fai cinco anos, deixando atrás un gran segredo. Cal será? Descúbreo en xaneiro en Calle 13.

  • Estrea: luns, 12 de xaneiro, ás 22:00 h. en Calle 13 (dial 16)
  • Emisión: todos os luns, ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina

Auschwitz: 80 años de la liberación, en Historia: dial 70

Auschwitz: 80 años de la liberación en Historia

O 27 de xaneiro de 1945, soldados do Exército Vermello chegaron a Auschwitz. No 80 aniversario da liberación, Canal Historia conmemórao emitindo dous títulos inéditos no seu especial: Auschwitz: 80 años de la liberación. Coñeceremos os segredos da liberación que nunca viran a luz e escoitaremos as voces daqueles superviventes do horror que puideron contar a súa historia e dos que nunca volveron nos documentais: Las voces de Auschwitz e Auschwitz, cuenta atrás para la liberación.

  • Estrea: luns, 27 de xaneiro, ás 22:00 h. en Historia (dial 70)
  • Baixo demanda: en rebobina

Nova canle Baby TV: dial 96

Nuevo canal Baby TV

A televisión que podes gozar a través de R incorpora Baby TV a Ocio TV e Total TV en xaneiro. Esta canle infantil está creada especialmente para nenos e nenas menores de 5 anos, con emisión as 24 horas do día e sen publicidade. Diversión para toda a familia con programas como My Robot & I, Los cuddlies, Bug'n'Play al rescate ou Viajeras.

  • Estrea: a partir de xaneiro Baby TV (dial 96)
  • Baixo demanda: en rebobina

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

Las crónicas de Spiderwick, en Syfy: dial 18

En xaneiro, SyFy estreará a serie Las Crónicas de Spiderwick, baseada no fenómeno literario de Tony DiTerlizzi e Holly Black. Protagonizada por Christian Slater e Joy Bryant, esta serie lévanos á Mansión Spiderwick e é unha mestura perfecta de fantasía, aventuras e emoción onde os espectadores profundizarán no rico e detallado mundo de Spiderwick, cheo de criaturas máxicas, desafíos emocionantes e personaxes inesquecibles. Non te perdas a estrea exclusiva dos oito episodios a partir do martes 7 de xaneiro en SyFy.

  • Estrea: martes, 7 de xaneiro, ás 22:00 h. en SyFy (dial 18)
  • Emisión: todos os martes, ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina

Open de Australia, en Eurosport: dial 110

Open de Australia en Eurosport

Primeiro Grand Slam do ano e primeira oportunidade para o español Carlos Alcaraz de gañar o único grande que lle falta, o Open de Australia. Veremos en Eurosport se o murciano alcanza a vitoria en Melbourne, do 12 ao 26 de xaneiro.

  • Estrea: do domingo 12 ao domingo 26 de xaneiro en Eurosport (dial 110)
  • Baixo demanda: en rebobina

Destacados en Netflix, Prime Video e Max

El Juego del Calamar 2, en Netflix

O fenómeno global das series coreanas volve a Netflix con novos episodios. Se alucinaches coa primeira tempada de El Juego del Calamar, non perdas o tempo e mira os novos episodios da tempada 2. Os xogos máis desapiadados e a loita pola supervivencia volven, e o gañador Seong Gi-hun, o xogador 456, volveu para vingarse.

  • Estrea: xoves, 26 de decembro en Netflix.

Culpa tuya, en Prime Video

Despois do éxito da primeira película Culpa mía, chega a Prime Video outra entrega da triloxía: Culpa tuya. Protagonizada por Nicole Wallace e Gabriel Guevara nos papeis principais dos amantes Noah e Nick. Nesta ocasión a súa relación enfrontarase a retos coma a súa entrada na universidade, o seu traballo, a familia...

  • Estrea: venres, 27 de decembro en Prime Video.

The Pitt, en Max

Se che gustan os dramas médicos e de hospitais, estás de sorte. Max estrea The Pitt, unha serie orixinal que segue a vida cotiá do doutor Robby, protagonizada por Noah Wyle (o eterno doutor John Carter na mítica serie de televisión Urgencias) e a súa equipa no Pittsburgh Trauma Medical. The Pitt foi creada por John Wells, produtor executivo de Urgencias e El Ala Oeste de La Casa Blanca.

  • Estrea: venres 10 de xaneiro, en Max.

Xaneiro ven cargadiño de bos e entretidos contenidos na televisión que podes gozar a través de R. Dalle ao play, non o dubides máis.