A primavera xa comeza a sentirse no ambiente e as ganas de novas series e películas crecen como crecen os días. E aí está a televisión que che ofrecemos en R cun amplo catálogo de novidades: SkyShowtime tira a casa pola ventá coa 2ª tempada de 1923 e a película de animación Transformers One. As series tamén che darán unha alegría, a Warner TV chegan os novos episodios de The Rookie - T7 e en Star Channel estréase Watson. En canto aos documentais, poderás ver o especial Ciencia y cerebro en Odisea, que será a canle aberta en marzo, e Mujeres espía en la II Guerra Mundial en Historia.

Se tes Total TV, non te perdas o derbi galego entre o Racing de Ferrol e o Deportivo en LaLiga Hypermotion; e goza coa túa familia de Dragones hacia nuevos confines en Dreamworks.

As plataformas non podían ser menos e veñen cargadas de estreas. Netflix tráenos a peli Estado eléctrico, con Millie Bobby Brown e Chris Pratt; Prime Video converte á actriz Ana Castillo en toda unha raíña na serie Su Majestad; e Max aposta todo polo thriller, coa serie Cuando nadie nos ve, coas actrices Maribel Verdú e Mariela Garriga.

Continúa lendo, e contarémosche un pouco máis de todo o que chega á televisión que che ofrecemos en R.

1923 - T2, en SkyShowtime: dial 10

Harrison Ford e Helen Mirren regresan con novos episodios do popular spin-off de Yellowstone, 1923 regresa a SkyShowtime. A segunda tempada chega o 10 de marzo con novos episodios cada semana. Helen Mirren e Harrison Ford enfrontaranse a un inverno implacable que traerá novos retos e asuntos pendentes para Jacob e Cara no rancho Dutton.

  • Estrea 1º episodio: dispoñible a partir do 10 de marzo, en SkyShowtime (dial 10).
  • Un novo episodio cada semana.
  • Baixo demanda: en rebobina se tes un deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Transformers One, en SkyShowtime: dial 10

Os fans dos Transformers están de sorte, por fin poderán ver a orixe descoñecida de Optimus Prime e de Megatron. Transformers One é a primeira película de animación da saga e explicará a amizade dos dous protagonistas e como cambiaron o rumbo de Cybertron. Estréase en SkyShowtime o 3 de marzo, e todos as entregas de Transformers tamén estarán dispoñibles para unha maratón de bos momentos.

  • Estrea: luns, 3 de marzo, en SkyShowtime (dial 10).
  • Baixo demanda: en rebobina se tes un deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

The Rookie - T7, en Warner TV: dial 14

Nathan Fillion, o novato máis veterano de Los Ángeles, chega xa á súa sétima tempada sen perder nin un gramo do seu carisma e sentido do humor. Nos novos episodios de The Rookie – T7, John Nolan xa é un referente da policía de Los Ángeles e tenta volver ao servizo activo tras recuperarse dunha ferida de bala, pero decátase de que os anos comezan a pasar factura. A partir do 5 de marzo espérante os novos episodios en Warner TV.

  • Estrea: mércores, 5 de marzo, ás 22:00 h. en Warner TV (dial 14).
  • Emisión: todos os mércores, ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Watson, en Star Channel: dial 12

Watson en Star Channel

Todos os amantes do mundo Sherlock Holmes gozarán como ninguén. Star Channel trae unha nova serie protagonizada por Morris Chestnut, un thriller que segue as novas aventuras do doutor John Watson, tras a morte de Sherlock Holmes, agora encargado de resolver misterios médicos. Se non te perdes nada do universo Sherlock, tes que ver a nova serie de Watson.

  • Estrea: xoves, 13 de marzo, ás 22:00 h. en Star Channel (dial 12).
  • Emisión: todos os xoves, ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Especial Ciencia y cerebro, en Odisea en abierto: dial 11

Especial Ciencia y cerebro en Odisea en abierto

Odisea é a canle en aberto de marzo para que poidas ver as series documentais máis interesantes, como o especial Especial Ciencia y cerebro dispoñible en rebobina a partir do 3 de marzo. Ao longo de 20 episodios, e baixo a supervisión dalgúns dos principais científicos do mundo, Todd someterase a tres meses de intenso adestramento cerebral para descubrir o extraordinario que é o cerebro humano e ata onde pode chegar o seu potencial.

  • Baixo demanda: en rebobina a partir do luns 3 de marzo.

Mujeres espía en la II Guerra Mundial, en Historia: dial 70

Mujeres espía en la II Guerra Mundial en Historia

A Segunda Guerra Mundial segue a ensinarnos leccións vitais décadas despois. Durante o Mes da Muller, a canle Historia estrea a serie Mujeres espía en la II Guerra Mundial, que conta as historias de talentosas espías que, a pesar do sexismo sistémico, arriscaron a vida polos seus países con misións secretas nas que obtiveron información esencial e, grazas a iso, contribuíron a cambiar o rumbo da guerra. Nesta serie documental, que podes ver en Historia, coñecerás as súas historias, polas que sufriron persecución, tortura e morte.

  • Estrea: luns, 17 de marzo, ás 22:00 h. en Historia (dial 70).
  • Emisión: todos os luns, ás 22:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

O Deportivo e o Racing en LaLiga Hypermotion: dial 115

El Deportivo y el Racing en LaLiga Hypermotion

O mes de marzo tráenos o derbi galego na LaLiga Hypermotion. O sábado 29 de marzo na Malata, Ferrol, está todo preparado para un partido vibrante entre o Racing de Ferrol e o Deportivo. A afección galega estará encantada co partido. Pero, ademais do derbi, en marzo as equipas galegas enfrontaranse a importantes clubs. Toma nota dos partidos para non perder o teu equipo favorito:

  • Granada CF - Racing: 9 de marzo, 21:00h
  • Deportivo - Córdoba: 7 de marzo, 21:00h
  • Racing - SD Eibar: 15 de marzo, 14:00h
  • Castellón - Deportivo: 17 de marzo, 20:30h
  • Málaga CF - Racing: 22 de marzo, 18:30h
  • Deportivo - Cartagena: 23 de marzo, 18:30h
  • Racing - Deportivo: 29 de marzo, 16:15h

Dragones hacia nuevos confines, en Dreamworks: dial 94

Dragones hacia nuevos confines en Dreamworks

Dos creadores de Cómo entrenar a tu dragón chega unha nova serie de Dreamworks que levará a Hipo e a Desdentao a novos confíns. En Dragones hacia nuevos confines exploraremos territorios descoñecidos e atoparemos novos dragóns. Se os máis pequenos están tolos polos dragóns e ese mundillo, teñen a oportunidade de gozar desta nova serie de Dreamworks.

  • Estrea: luns, 3 de marzo, ás 12:00 h. en Dreamworks (dial 94).
  • Emisión: de luns a domingo
  • Baixo demanda: en rebobina.

Destacados en Netflix, Prime Video e Max

Estado eléctrico, en Netflix

Millie Bobby Brown deixa atrás o seu papel de 'Eleven' de Stranger Things e, xunto con Chris Pratt e un peculiar robot, protagoniza a nova película de ciencia ficción en Netflix. Xuntos tratarán de atopar ao irmán da adolescente orfa en Electric State, unha película dirixida polos irmáns Russo, coñecidos por Avengers: Endgame, entre outros éxitos.

  • Estrea: venres, 14 de marzo, en Netflix.

Su Majestad, en Prime Video

De raíña da noite a raíña de España, esa é a tarefa de Ana Castillo en Su Majestad, a nova serie de Prime Video dispoñible a partir do 27 de febreiro. Pilar é unha princesa noviña que, dun día para outro, debe substituír ao seu pai, o rei Afonso XIV, que abandona a primeira liña por mor dun escándalo. Pilar estará á altura das expectativas? Descúbreo agora mesmo.

  • Estrea: xoves, 27 de febreiro, en Prime Video.

Cuando nadie nos ve, en Max

Enrique Urbizu volve ao thriller máis inquietante. Maribel Verdú e Mariela Garriga son a tenente Castillo e a sarxento Gutiérrez, dúas mulleres que conectarán as súas vidas en Morón de la Frontera durante a Semana Santa. O mesmo escenario, pero dous casos diferentes: a desaparición dun soldado estadounidense e un suicidio ritual. Cuando nadie nos ve é unha serie orixinal de Max e está baseada na novela homónima de Sergio Sarria.

  • Estrea: venres, 7 de marzo en Max.

Todas as estreas de marzo de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar a través deR.