Todos os meses se estrean películas e series que non podemos deixar de ver. Para que non pases máis tempo cambiando de canle buscando as que che poden interesar, ímosche recomendar as mellores estreas de marzo, tanto de series, películas, docus como deportes. E todos na televisión que che ofrecemos en R.
LaLiga+ en aberto: dial 117
A canle invitada do mes de marzo na televisión que che ofrecemos en R é LaLiga+. O mellor deporte ao teu alcance no dial 117. Non te podes perder o mellor baloncesto da Liga LEB Ouro cos partidos do Leyma Coruña ou do Club Ourense Baloncesto. Ademais, a canle LaLiga+ 24 horas ofréceche partidos de LaLiga Genuine, onde compiten os equipos galegos Depor Genuine, Fundación Celta Integra, Racing Club de Ferrol e CD Lugo.
Non remata todo aí. Porque en LaLiga+ tamén se pode gozar, en directo ou baixo demanda, da Liga Plenitude de Balonmán, con todos os partidos do equipo galego Frigoríficos do Morrazo, da AFC de fútbol, da Copa Libertadores, da Sail GP de Vela, do voleibol... E todas as novidades resumidas de LaLiga EA Sports e de LaLiga Hypermotion.
Tracker – T1, en Star Channel: dial 20
Se Star Channel aínda non che soa familiar, non te preocupes. É o novo nome da canle FOX, que a pesar do seu cambio segue mantendo os mellores contidos, como nos ten acostumados.
E nada mellor para celebrar o novo nome que facelo cunha mega estrea que non podes perder: Tracker. Unha serie protagonizada por Justin Hartley, a quen coñecerás se viches This Is Us, e que aquí interpreta a un cazarrecompensas que busca persoas desaparecidas, pero que intenta esquecer o seu pasado e comezar unha nova vida.
- Estrea: martes, 12 de marzo, ás 22:00 h. en Star Channel (dial 20)
- Emisión: todos os martes, ás 22:00 h.
- Número de episodios: 8
- Baixo demanda: en rebobina
Mes Oscar, en Canal Hollywood: dial 8
Como bos cinéfilos que somos, sabemos que marzo é o mes dos Oscar por excelencia. E Canal Hollywood nunca falla. No dial 8 repasarán as mellores películas que pasaron pola gala nos últimos anos.
Non deixes de emocionarte, bailar, cantar ou berrar con Titanic, La La Land, Cadea perpetua ou Armaggedon... 31 filmes que fixeron historia nos Oscar, ademais de 16 títulos baixo demanda.
- Cando?: a partir do 1 de marzo, todas as noites, ás 22:00 h. en Canal Hollywood (dial 8)
- Baixo demanda: en rebobina
SWAT: Los hombres de Harrelson – T7, en AXN: dial 21
Todas as cousas boas chegan ao seu fin, pero sempre coa cabeza ben alta. As series teñen un final e en AXN será un final por todo o alto. Despídese da canle Hondo e a súa equipa, é a sétima e derradeira tempada de SWAT: Los hombres de Harrelson.
13 episodios trepidantes que te deixarán pegado á televisión os luns pola noite. E se queres ver a serie dende o comezo, tes todas as tempadas en AXN Now en rebobina.
- Estrea: luns, 11 de marzo, ás 22:00 h. en AXN (dial 21)
- Emisión: todos os luns, ás 22:00 h.
- Número de episodios: 13
- Baixo demanda: en rebobina
La cocina mágica de las setas, en Canal Cocina: dial 58
Os amantes da boa cociña están de noraboa, Canal Cocina, no dial 58, estrea en marzo La cocina mágica de las setas, unha nova serie que percorre os bosques máis impresionantes de España na procura dos mellores exemplares de cogomelos que despois, como non podía ser menos, preparan nunhas receitas coas que triunfarás entre as túas amizades e os teus familiares. Queres impresionar coas túas receitas de cogomelos? Pois non podes perderte as noites dos luns e dos martes de marzo en Canal Cocina.
- Estrea: luns, 4 de marzo, ás 23:00 h. en Canal Cocina (dial 58)
- Emisión: todos os luns e martes, ás 23:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Imperios de la antigüedad, en Canal Historia: dial 52
Canal Historia non deixa de sorprendernos. No mes de marzo estréase unha serie documental que afonda na vida de tres personaxes singulares: Alexandre Magno, Xulio César e Cleopatra. A serie é Imperios de la antigüedad e forma parte da programación especial para conmemorar o 25 aniversario de Canal Historia.
- Estrea: luns, 4 de marzo, ás 22:00 h. en Canal Historia (dial 52)
- Emisión: todos os luns, ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Rainn Wilson y la geografía de la felicidad, en Buenviaje: dial 54
Non cabe dúbida de que viaxar fainos máis felices e a canle Buenviaje sábeo. No mes de marzo, e da man do actor Rainn Wilson (coñecido pola súa participación na serie The Office) buscaremos os lugares máis felices da Terra.
A idea está baseada no bestseller do New York Times de Eric Weiner, La geografía de la felicidad: la búsqueda de los lugares más felices del mundo por un gruñón, e todo o que tes que facer é deixarte levar polo mundo en busca desa ansiada felicidade. E non, non aparece Galicia, e iso que aquí sabemos moito de gozar das pequenas cousas.
- Estrea: mércores, 6 de marzo, ás 22:00 h. en Buenviaje (dial 54)
- Emisión: todos os mércores, ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
E se tes a opción Total TV, non perdas estes destacados
Tempada de Ciclismo 2024, en Eurosport: dial 70
A Volta a Galicia xa pasou en febreiro, pero estamos impacientes e non podemos esperar ata agosto para ver o bo ciclismo da Vuelta a España. Eurosport dános a solución. En marzo podes seguir a París-Niza, a Volta a Taiwán, a Volta Ciclista a Catalunya, o GP Miguel Indurain ou a Volta a Flandes. A oferta do bo ciclismo é inmellorable, pero non remata aí. Eurosport tamén aposta polas dúas rodas con ciclocrós, BMX e mountain bike.
ADN – T1, en Sundance TV: dial 4
Se es un amante das series, alégrate de contar coa canle Sundance na túa oferta de televisión. A aposta do mes de marzo é a serie franco-danesa ADN. Thriller dirixido polo co-creador de The Killing, e gañador do BAFTA á mellor serie internacional, que trata sobre a investigación do policía Rolf Larsen cinco anos despois da desaparición da súa filla. Un erro na base de datos de ADN reabre a investigación, dándolle unha volta á historia.
- Estrea: xoves, 21 de marzo, ás 21:50 h. en Sundance TV (dial 4)
- Emisión: todos os xoves, ás 21:50 h.
- Número de episodios: 8
- Baixo demanda: en rebobina
Guardianes de los bosques, en Odisea: dial 60
En Galicia sabemos que a natureza forma parte da nosa vida e da nosa historia. Ese amor polas montañas e pola vexetación é compartido, a gran distancia, polos líderes indíxenas que protagonizan a nova aposta de Odisea para marzo: Guardianes de los bosques.
O efecto do cambio climático ou a deforestación dos bosques dos pobos indíxenas é o fío condutor da nova serie documental de Odisea, que tamén recibe investimento da UNESCO, e que se emite con motivo do Día Internacional dos Bosques, o 21 de marzo.
- Estrea: xoves, 7 de marzo, e xoves, 14 de marzo, ás 16:00 h. en Odisea (dial 60)
- Baixo demanda: en rebobina
A televisión que podes gozar a través de R fará que sigas pegado á pantalla todo o mes de marzo coas mellores series, películas, docus e deportes. Colle o mando e a gozar.