Febreiro é o mes máis curto do ano, pero as novidades na televisión que che ofrecemos en R non baixan o nivel de estreas. As mellores series, as mellores películas, deportes e documentais para todos os gustos: a serie Dexter Pecado Original e a película familiar Gru 4: mi villano favorito destacan en SkyShowtime e a acción vén da man de Parish, en AMC.

Este mes a canle convidada Somos vestirase de gala porque, como sabemos, febreiro é o mes do cinema español e poderedes gozar da súa programación especial dos Premios Goya.

Se tes Total TV, recomendámosche o documental La ciencia contra el cáncer, en Odisea. Para ver en familia, tes Henry Danger: La película en Nickelodeon, e tamén os partidos do Racing e do Deportivo en LaLiga Hypermotion.

As plataformas non se quedan atrás no nivel de estreas no mes de febreiro: Netflix achéganos a serie Día cero, Prime Video presenta os novos episodios da T3 de Reacher e Max estrea a T3 de The White Lotus.

Gru 4: mi villano favorito, en SkyShowtime: dial 10

Gru, Lucy e as rapazas -Margo, Edith e Agnes- dan a benvida a un novo membro da familia: Gru Junior, que parece que será outra dor de cabeza para o seu pai. Pero a pesar dos problemas familiares, a acción non para e o vilán máis entrañable terá que enfrontarse a Maxime Le Mal e á súa moza Valentina. Prepárate para as súas novas aventuras coa estrea, o 10 de febreiro en SkyShowtime, de Gru 4: mi villano favorito.

  • Estrea: luns, 10 de febreiro, en SkyShowtime (dial 10)
  • Baixo demanda: en rebobina se tes un deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Dexter Pecado Original, en SkyShowtime: dial 10

Dexter Pecado Original en SkyShowtime

Se es fan de Dexter, non te perdas a precuela da exitosa serie que nos traslada ao ano 1991. Cando xa non pode ignorar máis a súa sede de sangue, o mozo Dexter Morgan debe aprender a canalizar a súa escuridade, pasando de estudante a asasino. Dexter Pecado Original cóntanos os inicios do asasino en serie máis famoso da tele e como é guiado polo seu pai, interpretado polo actor Christian Slater. Goza dun episodio cada semana en SkyShowtime.

  • Un novo episodio todos os xoves.
  • Baixo demanda: xa tes os primeiros capítulos no rebonina se tes un deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Parish, en AMC: dial 13

Parish en AMC

O luns 17 de febreiro chega a AMC a impactante e dramática serie Parish, unha adaptación da serie británica The Driver. Parish é un home de familia e propietario dun servizo de coches de luxo en Nova Orleans que, tras sufrir o asasinato violento do seu fillo, vese envolto nun perigoso enfrontamento cun sindicato criminal cando se reencontra cun vello amigo dos seus tempos como condutor.

  • Estrea: luns, 17 de febreiro, ás 22:10 h. en AMC (dial 13)
  • Emisión: todos os luns, ás 22:10 h.
  • Baixo demanda: en rebobina

Especial Premios Goya, en Somos en aberto: dial 11

Especial Premios Goya en Somos

Como todos os anos, os Premios Goya chegan no mes máis curto do ano e na canle Somos, a nosa canle convidada ao longo de febreiro, ten preparado unha programación especial. Todas as noites, a partir das 21.00 horas, poderás gozar de títulos que foron recoñecidos nos prestixiosos premios, con estatuíñas ou nominacións, nos últimos 39 anos.

Goza de 28 días e 28 títulos en “O mes dos Goya” en Somos do 1 ao 28 de febreiro. Poderás ver 800 balas, La niña de tus ojos, Jamón, jamón, Las edades de Lulú, La casa de Bernarda Alba, El método e moitas máis.

  • Estrea: sábado, 1 de febreiro, ás 21:00 h. en Somos en aberto (dial 11)
  • Emisión: todos os días, ás 21:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

La ciencia contra el cáncer, en Odisea: dial 74

La ciencia contra el cáncer en Odisea

Pódese previr o cancro? Únete ao cirurxián Richard Babor nesta viaxe de catro episodios na que tentará descubrir o que podemos facer para evitar esta enfermidade seguindo sempre os ditados da ciencia, xa que polo menos o 40% dos cancros pódense previr con cambios no noso estilo de vida ou na nosa alimentación. Non te perdas do 4 ao 18 de febreiro, La ciencia contra el cáncer en Odisea.

  • Estrea: martes, 4 de febreiro, ás 23:00 h. en Odisea (dial 74)
  • Emisión: todos os martes, ás 23:00 h.
  • Baixo demanda: en rebobina

O Deportivo e o Racing en LaLiga Hypermotion: dial 115

El Deportivo y el Racing en LaLiga Hypermotion

Goza e vive todos os partidos do Deportivo e do Racing en LaLiga Hypermotion. Neste mes de febreiro as equipas galegas enfrontaranse a importantes clubs. Toma nota dos partidos para non perder o teu equipo favorito:

  • Racing - Castellón: 8 de febreiro, 14:00h
  • Deportivo - Almería: 9 de febreiro, 18:30h
  • Mirandés - Racing: 14 de febreiro, 20:30h
  • CD Eldense - Deportivo: 16 de febreiro, 16:15h
  • Racing - Córdoba: 22 de febreiro, 14:00h
  • Deportivo - SD Huesca: 23 de febreiro, 14:00h

Henry Danger: La película, en Nickelodeon: dial 91

Henry Danger La película en Nickelodeon

A serie máis querida de Nickelodeon dá o salto ao cine co seu novo filme. Henry Hart estivo facendo de heroe local da cidade de Dystopia despois de deixar atrás os seus días en Swellview. Xusto cando comezaba a cansarse do seu novo papel, prodúcese un xiro inesperado coa aparición de Missy Martin, unha fan súa que está ansiosa por loitar contra Kid Danger. Non te perdas a estrea de Henry Danger: La película, en Nickelodeon.

  • Estrea: sábado, 22 de febreiro, ás 12:00 h. en Nickelodeon (dial 91)
  • Baixo demanda: en rebobina

Destacados en Netflix, Prime Video e Max

Día cero, en Netflix

Robert De Niro protagoniza esta nova e emocionante serie que xira arredor dun ciberataque mortal. O expresidente dos Estados Unidos George Mullen será o encargado de atopar o culpable entre unha rede de conspiracións e mentiras. Non te perdas Día cero, en Netflix en febreiro.

  • Estrea: xoves, 20 de febreiro, en Netflix.

Reacher T3, en Prime Video

A serie Reacher, baseada na novela "The Inducer" de Lee Child, estrea unha nova tempada en Prime Video. O personaxe interpretado por Alan Ritchson terá que rescatar a un informante da DEA. Para iso, afondará nunha rede criminal, mentres se enfronta a problemas do seu pasado.

  • Estrea: xoves, 20 de febreiro, en Prime Video.

The White Lotus T3, en Max

Max estrea a 3ª tempada da exitosa serie The White Lotus. O novo escenario elixido é Tailandia, onde viviremos durante unha semana cos hóspedes e cos empregados dun resort exclusivo. Non te perdas esta afiada e divertida sátira social en febreiro.

  • Estrea: luns, 17 de febreiro en Max.

Non podrás deixar de gozar de todas estas estreas de febreiro de 2025 na televisión que podes gozar a través de R.