Confésao. Tiñas moitas ganas de verán. Dun verán coma os de sempre. Nos que poder estar cos amigos, saltar, bailar, pasalo ben e estar de festa.

Desde R queremos axudarche a que este verán sexa inesquecible. Se es dos que está a cantar todo o día, dos que o dá todo nos festivais e necesitas queimar adrenalina bailando, este concurso é para ti.

Como participar no concurso para gañar as entradas ao Morriña Fest

A dinámica é moi sinxela. Só debes responder a unha pregunta:

“Que canción tes máis ganas de escoitar no Morriña Festival e por que?”

Déixanos o teu comentario aquí mesmo, no noso blogu e lémosche. Iso si, como se trata dun premio ao grande, valoraremos as mellores respostas.

Que regalamos

En concreto imos regalar 5 abonos de pista para o Morriña Fest para dúas persoas.

É dicir, que podes ir con outra persoa: co teu mellor amigo, coa túa nai, coa túa parella ou co teu fillo para gozar dun gran festival de música.  Podes consultar aquí as bases do concurso.

morriña fest

Quen actúa no Morriña Fest

O Morriña Fest terá lugar os días 15 e 16 de xullo na Coruña.

O primeiro día actúan, entre outros, Maluma, Crystal Fighters ou Lola Índigo.

Polo seu lado, o segundo día do festival haberá actuacións de Black Eyed Peas, Ozuna, Franz Ferdinand ou Xoel López. Tes toda a información completa do festival en https://www.morrinafestival.com

Faite cun dos abonos gratis

O cartel ten moi boa pinta, a que si? E seguramente che apeteza asistir cun abono de regalo.

Se chegaches ata aquí, agora só che queda deixarnos un comentario no blogue indicándonos a canción que che gustaría escoitar no festival e a razón.

Moita sorte!

Gañadores dos abonos

María del Carmen López

Alberto López

Javier Hermida

Aida

Nerea Acebo