WhatsApp viu clara a xogada. Se a xente está moito tempo no ordenador, permitamos que utilice a app de mensaxería no navegador. E naceu WhatsApp Web. Agora pensa, e se puideses tamén enviar SMS, contestar chamadas... controlar totalmente o teu móbil dende o ordenador? AirDroid é a resposta e en R explicámosche como funciona.

Simplifícate a vida na era da multitarea

En lugar de estar atento a varias pantallas, utiliza unha soa e dálle un descanso ao teu móbil:

  • aforras batería
  • escribes nun teclado grande
  • evitas distraccións
¿Qué gestiones puedes hacer desde el ordenador con AirDroid?

Que xestións podes facer dende o ordenador con AirDroid?

  • transferir arquivos sen conectar o cable: enviar música, vídeos ou fotos do teu móbil ao PC
  • duplicar a pantalla do teu móbil no ordenador: moi útil para compartir pantalla nas túas reunións ou videochamadas
  • controlar de forma remota o teu móbil: para xogar, abrir unha app, comprobar o estado do teléfono...
  • activar a cámara do teu teléfono: verás o que pasa arredor do móbil en tempo real
  • recibir e responder notificacións de SMS, correos electrónicos ou WhatsApp: non perdas unha mensaxe importante mentres traballas
  • facer chamadas dende o ordenador: importa os teus números de móbil ao PC, fai clic para chamar e fala a través dos auriculares bluetooth do teléfono
  • facer copia de seguridade dos arquivos do teu móbil directamente no ordenador

Como cho instalas?

Descarga a app AirDroid no teu móbil (Android e iOS) e crea unha conta; doutra banda, descarga AirDroid no teu ordenador (Windows ou Mac OS X). Podes usar tamén a versión web se non queres instalar nada no teu PC.

E tan fácil como iso, móbil e ordenador conectados.

Cóntanos, que che parece esta aplicación?