A mala cobertura móbil en interiores pode ser un problema en determinados lugares, tanto en fogares como en negocios. Chamadas que se cortan, dificultades para recibir chamadas ou unha calidade de voz deficiente son situacións moi comúns cando o sinal móbil non chega correctamente ao interior dun edificio. É algo que coñecemos bastante en Galicia, tanto en cidades como nas aldeas.

Neste artigo explicámosche por que falla a cobertura móbil dentro de casa e cal é que solución dámoste en R para garantir un sinal estable, independentemente do tipo de vivenda ou local.

Por que hai mala cobertura móbil dentro de casa?

Aínda que no exterior haxa bo sinal, a cobertura móbil pode empeorar ao entrar nun inmoble. Isto ocorre porque o sinal procedente das antenas móbiles se debilita ao atravesar determinados materiais e estruturas.

Os problemas de cobertura móbil en interiores son especialmente frecuentes en:

  • Vivendas con muros grosos ou de pedra
  • Edificios antigos
  • Sotos e plantas baixas
  • Locais interiores
  • Construcións con formigón armado ou elementos metálicos

Nestes casos, o móbil ten dificultades para conectarse de forma estable á rede, provocando cortes e mala calidade nas chamadas.

De feito, é habitual que haxa que irse á venda ou a un sitio concreto da casa para poder chamar porque aí si hai sinal, pero fóra de aí é coma se vivises nun buraco.

A mellor solución para mellorar a cobertura móbil en interiores: cachobertura R

Cando o problema é estrutural, a mellor opción non é cambiar de móbil nin buscar puntos concretos onde haxa sinal. A solución máis eficaz é contar cunha cobertura móbil que se xere directamente dentro do inmoble.

En R sacamos o servizo cachocobertura R. Só é necesario que instales un equipo chamado femtocelda. Conéctalo á rede de fibra, créase un sinal móbil dentro da vivenda ou negocio e maxia! Terías cobertura.

Que é unha femtocelda?

femtocelda interiores

Unha femtocelda é un equipo similar a un router que, ao conectarse á fibra óptica, crea unha pequena estación base móbil no interior do inmoble. Deste xeito:

  • O sinal non entra desde o exterior, senón que nace dentro da casa ou local
  • Garántese unha mellora do sinal na cobertura móbil en interiores
  • Elimínanse os cortes de chamada
  • Mellórase notablemente a calidade de voz

Vantaxes da cobertura móbil en interiores con cachocobertura R

As principais vantaxes desta solución para mellorar a cobertura móbil en interiores son:

  • Cobertura estable en toda a vivenda ou negocio
  • Alcance aproximado de 30 metros
  • Posibilidade de conectar ata 8 móbiles á vez
  • Funcionamento automático, sen configuracións
  • Compatible con móbiles 4G e 5G
  • Continuidade de chamada ao entrar e saír do inmoble (se hai cobertura exterior)

É unha solución pensada tanto para fogares como para locais comerciais, especialmente en zonas onde a cobertura móbil exterior non penetra adecuadamente.

Diferenzas entre chamadas Wifi (VoWiFi) e femtocelda

Para moita xente que non pode chamar dentro da súa casa, unha alternativa son as chamadas sobre Wifi (VoWiFi). Aquí a pregunta é cal é a diferenza entre unha solución e outra. Intentámoscho resumir:

  • As chamadas sobre Wifi necesitan unha configuración previa do terminal móbil. Aquí conéctaste e listo, sen facer nada.
  • Necesitas un móbil compatible con VoWifi e que ademais estea homologado. Coa femtocelda, mentres teñas un móbil con 4G xa estaría
  • Con VoWiFi tes menos alcance que un sinal móbil dedicado
  • Coas chamadas Wifi podes ter cortes ao moverte polo inmoble porque o sinal Wifi chega máis débil ou pos o microondas e córtase

En resumo, se queres algo sinxelo, para todo o mundo, rápido e moito máis estable, a femtocelda ofrece unha mellor experiencia.

Instalación sinxela e cobertura móbil garantida

cachobertura R

A instalación do equipo que che manda R é moi básica. Só hai que conectar o equipo á fibra seguindo unha guía básica, sen necesidade de configuracións técnicas.

Ademais, en R garantímosche que isto vai solucionar o teu problema coa cobertura móbil na túa casa ou negocio. Como? Deixando que o probes sen compromiso.

Pódesnos pedir o aparello e mandámoscho sen compromiso. Próbalo durante un mes e ves se realmente todo é como cho contamos.

Ao final, o único que buscamos é responder a unha demanda que teñen moitas persoas e a unha necesidade tan básica como poder chamar ou recibir chamadas na túa casa. E cachobertura R funciona.

Prezo da femtocelda en R

Fixamos un prezo para este servizo de 1€/mes. Sen máis. Tes un mes para probalo sen compromiso e, a partir de aí, son 24 meses cunha penalización de 60€ prorrateables no caso de que te deas de baixa anticipada. Pasados os 24 meses, quedas co equipo.

Como ves, trátase dun prezo moi económico porque o noso obxectivo é que todos aqueles clientes que necesitan mellor cobertura dentro do seu piso ou negocio o resolvan e paguen o mínimo.

Lembra, iso si, que para contratalo debes ter fibra e unha liña de móbil de R na túa casa, xa que o aparello debe ir conectado ao noso router.