Se xa te achegaches a algunha terraciña fixácheste en que xa non hai cartas enriba da mesa, senón uns pequenos cuadradiños con puntos brancos e negros. Son códigos QR que debes escanear co teu móbil para saber que teñen no menú do día. Se non sabes como facelo, que non cunda o pánico porque sen xilda non quedas. Explicámosche como escanear códigos QR sen ter que descargar ningunha aplicación.

Se tes un móbil Android

  • Coa cámara do móbil: A maior parte dos móbiles con sistema operativo Android inclúen xa por defecto a función escanear códigos QR. Comproba se é o teu caso nos axustes da aplicación da cámara e activa esta opción se che aparece desactivada. Agora só tes que abrir a cámara, enfocar (sen necesidade de pulsar) o código QR e aparecerache en pantalla o contido do código: unha dirección web, un pdf ou unha imaxe da carta, por exemplo.
  • Cómo escanear códigos QR Cámara
  • Coa ferramenta escáner: revisa as ferramentas que veñen instaladas por defecto no teu teléfono porque probablemente xa teñas unha aplicación específica para escanear.
  • Cómo escanear códigos QR
  • Con Google Lens: se o teu móbil non dispón das opcións anteriores, podes utilizar a función Google Lens para ler códigos QR. Accede a ela, abrindo Google Assistant: dicindo Ok Google ou pulsando o botón Home do teu teléfono. Na parte inferior verás un botón con forma de cadrado, púlsao e enfoca o código QR que queiras ler.
  • Cómo escanear códigos QR Google Lens

Se tes un iPhone

Para ler un código QR dende un móbil iPhone, só debes abrir a aplicación da cámara e enfocar o código para que che ensine en pantalla a info que contén.

Vaite afacendo aos códigos QR porque a era do camareiro 2.0 chegou para quedar.

Se tes algunha dúbida, aquí estamos para axudarche.