En R chegamos a toda Galicia coa nosa tecnoloxía. Tesnos no teu móbil, na túa conexión da internet en casa, na túa televisión. Pero como nos faltaba estar tamén presentes de forma física en moitos concellos, decidimos plantarnos alí, saír de roteiro por Galicia.
Como? Pois cunha unha airstream, unha mítica caravana estadounidense dos anos 30, aínda que adaptada ao puro estilo R porque a vaca sempre tira ao monte.
De forma que durante as próximas semanas lanzámonos á estrada para poder falar coa xente, contarlles cositas dos nosos servizos e organizar concursos e xogos.
Onde estará a caravana de R?
A nosa primeira parada é en Ortigueira, do martes 26 ao xoves 28 de maio.
Estaremos na rúa Alameda, diante do Centro Social os dous primeiros días. E o terceiro, xusto ao lado.
O horario será de 10 a 14h e de 16 a 20h.
Próximas localidades da caravana R
Como che diciamos arriba, estaremos en diferentes concellos galegos. En concreto, en trece ata finais de xuño. Toma nota por se estamos preto de ti:
- Ortigueira: rúa da Alameda. 26 - 28 de maio
- Cariño: junto al Concello. 29 - 30 de maio
- Betanzos: rúa Irmáns García Naveira. 2 - 3 de xuño
- As Pontes de García Rodríguez: rúa Alexandre Bóveda. 4 - 5 de xuño
- Ribadavia: Alameda. 9 - 10 de xuño
- Celanova: Praza Maior. 11 - 13 de xuño
- Barbadás: avenida de Celanova. 16 - 17 de xuño
- Caldas de Reis: junto a la iglesia de Santo Tomás. 18 - 19 de xuño
- Ordes: rúa Alfonso Senra. 20 de xuño
- Arzúa: praza de Galicia. 22 - 23 de xuño
- Melide: Cantón de San Roque. 25 - 27 de xuño
- A Estrada: praza da Constitución. 30 de xuño- 2 de xullo
- Cambados: praza Ramón Cabanillas. 3 - 4 de xullo
Xogos e agasallos con vivo
Teremos xogos para que te divirtas e premios directos grazas a unha máquina de aire lanza-papeis.
Pero ademais, con vivo, temos tamén un concurso moi interesante, xa que regalaremos nin máis nin menos que 15 reloxos intelixentes vivo Watch GT 2.
Está pendente, que iremos actualizando as datas e os horarios en cada localidade.
Máis información na nosa nota de prensa.
