Preparamos unha breve guía para que poidas cambiar o contrasinal wifi do teu router de R e saibas tamén como modificar o nome da túa rede wifi. O único que necesitas é entrar na túa área de cliente de R e seguir as indicacións que che imos dar. Xa verás que só che leva uns segundos configurar ao teu gusto o wifi da casa.

E para seguir os pasos, non necesitas papel e lapis, aquí todo é en liña 😉.

O primeiro que debes facer é entrar na túa área de cliente de R. Se tes un ordenador diante, teclea no teu navegador clientes.mundo-r.com, e se prefires facelo dende o teléfono móbil, abre ou descarga a app para dispositivos Android ou iOS.

Se es novo por aquí, ensinámosche a rexistrarte na túa área de cliente de R.

Así podes cambiar o contrasinal do teu router wifi

Se xa estás diante da área de cliente de R, sigue esta ruta paso a paso:

  • Selecciona o botón “a miña wifi”.
  • Menú mi wifi área cliente R cambiar contraseña

  • Pulsa a opción “ver ou cambiar parámetros wifi”.
  • Área cliente de R cambiar parámetros wifi

  • Selecciona o teu servizo da internet.
  • Área de cliente R selecciona servicio de internet

  • Vai ao menú “configuración”.

Aí vanche aparecer dúas redes wifi, non é que vexas dobre, non 😉. Explicámosche: en R instalámosche un router dobre banda. É dicir, que o router pódese conectar á banda de frecuencia 2,4 Ghz e á de 5 Ghz (a que termina en _5G).

Como ves, podes facer o cambio de contrasinal para unha das túas redes wifis ou para as dúas.

Agora cando conectes calquera dispositivo, móbil, portátil, consola… á wifi terás que introducir o novo contrasinal.

Así podes cambiar o nome das túas redes wifi

Xa viches na pantalla de configuración da túa wifi, que tamén tes a opción de modificar o nome das túas redes wifi.

Así que o ruta de acceso dende a túa área de cliente de R é exactamente a mesma que antes:

  • Entra en “a miña wifi”.
  • Pulsa “ver ou cambiar parámetros wifi”.
  • Selecciona o teu servizo da internet.
  • Ve ao menú “configuración”.
  • Escribe un novo nome da túa rede. Un consello: se vas poñerlle un nome novo á rede wifi de 5 Ghz, lembra poñer ao final a extensión _5G, porque che permitirá diferencialas facilmente.
  • Cambia nombre de red wifi en el área de cliente de R

  • Termina premendo o botón “gardar”.

Así se cambia a canle para mellorar a calidade do sinal

Tamén che fixarás noutro detalle que aparece no panel de configuración da túa wifi: a canle.

Que é iso da canle e por que che aparecen aí uns numeriños?

A calidade do wifi depende das interferencias que teñas en cada momento, podendo cambiar ao longo do día. Se notas que a túa wifi empeorou, posiblemente estean a interferir outras wifis próximas.

O router envía o sinal sen fíos wifi por medio dunha frecuencia no aire. Esta frecuencia funciona como unha estrada (se está moi ocupada retárdase o tráfico). Tes a opción de utilizar diferentes canles, pero en R aconsellamos utilizar as canles 1, 6 ou 11.

Cambia de canal wifi en el área de cliente de R

Configurar a wifi de R

Así que podes cambialos ti mesmo dende a área de cliente de R, como che dicimos, dende o menú “configuración” da túa wifi.

Tratamos de simplificar todas estas xestións habituais da túa wifi na área de cliente, para que dende unha soa pantalla poidas cambiar o contrasinal do wifi ou o nome das túas redes wifi, como viches nesta guía.

Consúltaa sempre que necesites configurar o teu router wifi de R.

Esperamos que che sirva.