Cando se achega setembro, as familias con fillos e fillas en idade de ir ao cole comezan a preguntarse cando empeza o curso escolar en Galicia. E non só iso, xa empezan a planificar todo o ano e os seguintes períodos vacacionais, pontes e festivos diversos.
Para que xa poidades ir botándolle unha ollada, amosámosvos aquí o calendario escolar galego 2023 - 2024. Facémolo dividido por tipo de ensino: Infantil, Primaria, ESO e FP.
Calendario escolar de Galicia 2023 – 2024: Infantil, Primaria, ESO e FP
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta xa publicou o Calendario escolar oficial de Galicia 2023 - 2024. Así se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) do martes 16 de maio de 2023, na Orde do 3 de maio de 2023.

Inicio e fin do curso escolar 2023 - 2024 en Galicia
O calendario escolar de Galicia 2023-2024 sinala que todos os centros educativos comezan o curso o 1 de setembro de 2023 e rematan o 28 de xuño de 2024. Isto non significa que os nenos e as nenas teñan que ir a clase o primeiro día.
Na seguinte táboa poderás ver o inicio e o fin das clases divididos por nivel de estudos:
ENSINO | INICIO CLASES 2023 | FIN CLASES 2024 |
---|---|---|
Educación Infantil | 11 de setembro | 21 de xuño |
Educación Primaria | 11 de setembro | 21 de xuño |
Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) | 11 de setembro | 21 de xuño |
Bacharelato | 11 de setembro | 21 de xuño |
Formación Profesional (FP) | 11 de setembro | 21 de xuño |
Réxime Especial | 11 de setembro | 28 de xuño |
Ao ver xa todo un ano de clases, o primeiro que se che ven á cabeza é: cando hai vacacións?
Cando hai vacacións escolares no curso 2023 - 2024 en Galicia?
Comezamos polo groso de cando o alumnado non ten clase: as grandes vacacións escolares 2023 - 2024 en Galicia:
VACACIÓNS 2023 - 2024 | INICIO | FINAL |
---|---|---|
Nadal | 22 de decembro de 2023 | 7 de xaneiro de 2024 |
Semana Santa | 23 de marzo de 2024 | 1 de abril de 2024 |
Verán | 21 de xuño de 2024 | setembro 2024 |
Á parte das grandes vacacións, hai no curso escolar días non lectivos, festivos nacionais, festivos autonómicos e, finalmente, os locais.
Días non lectivos do calendario escolar para o curso 2023 - 2024 en Galicia
Na Comunidade Autónoma de Galicia o Entroido non é período lectivo, e en 2024 cadra os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024; nin o Día do Ensino, que se celebra o 7 de decembro de 2023. Estes dous días non lectivos crean dúas pontes festivas:
PONTE 2023 - 2024 | DÍAS NON LECTIVOS | INICIO DA PONTE | FINAL DA PONTE |
---|---|---|---|
Ponte da Constitución | 7 de decembro | 6 de decembro de 2023 | 10 de decembro de 2023 |
Ponte do Entroido | 12, 13 e 14 de febreiro | 10 de febreiro de 2024 | 14 de febreiro de 2024 |
Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma. Os días festivos autonómicos e nacionais que entran no curso escolar 2023-2024 son os seguintes:
- 12 de outubro de 2023 (xoves): Día do Pilar e da Hispanidade.
- 1 de novembro de 2023 (mércores): Día de Todos os Santos.
- 6 de decembro de 2023 (mércores): Día da Constitución.
- 8 de decembro de 2023 (venres): Día da Inmaculada Concepción.
- 25 de decembro de 2023 (luns): Nadal.
- 1 de xaneiro de 2024 (luns): AnInovo.
- 6 de xaneiro de 2024 (sábado): Epifanía do Señor (Día de Reis).
- 28 de marzo de 2024 (xoves): Xoves Santo.
- 29 de marzo de 2024 (venres): Venres Santo.
- 1 de maio de 2024 (mércores): Festa do Traballo.
- 17 de maio de 2024 (venres): Día das Letras Galegas.
Cando son os festivos locais do calendario escolar galego 2023 – 2024?
Ademais das vacacións e dos festivos autonómicos de Galicia, hai unha serie de festas locais nas que non hai clases. Cada concello pode escoller dous festivos locais. Consulta aquí as festas locais do calendario escolar galego 2023 – 2024 das principais cidades galegas. Hai que ter en conta que algunhas delas coinciden con días non lectivos ou períodos vacacionais.
Festas locais A Coruña 2023 – 2024:
CONCELLO | DATA | FESTA LOCAL |
---|---|---|
A Coruña | 13 de febreiro de 2024 | Martes de Entroido |
A Coruña | 24 de xuño de 2024 | San Xoán |
Festas locais Lugo 2023 – 2024:
CONCELLO | DATA | FESTA LOCAL |
---|---|---|
Lugo | 5 de outubro de 2023 | San Froilán |
Lugo | 13 de febreiro de 2024 | Martes de Entroido |
Festas locais Ourense 2023 – 2024:
CONCELLO | DATA | FESTA LOCAL |
---|---|---|
Ourense | 11 de novembro de 2023 | San Martiño |
Ourense | 13 de febreiro de 2024 | Martes de Entroido |
Festas locais Pontevedra 2023 – 2024:
CONCELLO | DATA | FESTA LOCAL |
---|---|---|
Pontevedra | 14 de febreiro de 2024 | Mércores de Cinza |
Pontevedra | 11 de xullo de 2024 | San Bieito |
Festas locais Santiago de Compostela 2023 - 2024:
CONCELLO | DATA | FESTA LOCAL |
---|---|---|
Santiago de Compostela | 9 de maio de 2024 | Día da Ascensión |
Santiago de Compostela | 16 de agosto de 2024 | San Roque |
Festas locais Vigo 2023 - 2024:
CONCELLO | DATA | FESTA LOCAL |
---|---|---|
Vigo | 28 de marzo de 2024 | Día da Reconquista |
Vigo | 16 de agosto de 2024 | San Roque |
Festas locais Ferrol 2023 - 2024:
CONCELLO | DATA | FESTA LOCAL |
---|---|---|
Ferrol | 13 de febreiro de 2024 | Martes de Entroido |
Ferrol | 1 de abril de 2024 | Luns de Pascua – Día da Virxe de Chamorro |
Agora que xa tes toda a información sobre o calendario escolar 2023-24 de Galicia podes comezar a organizarte para o novo curso. Non hai mellor forma de rematar unhas vacacións que organizando as seguintes.