Cando comezan as clases en Galicia en 2025? Contámosche todas as datas clave, o comezo do curso escolar 25-26 Galicia, o fin das clases, as vacacións e os festivos do calendario escolar en Galicia 2025 - 26 para que che axude a organizarte. Para iso, desagregamos as datas e os horarios da orde do calendario escolar en Galicia 2025 - 26 para as etapas educativas de Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

Podes consultar tamén toda a Orde do 8 de maio de 2025 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

E para que che resulte máis cómodo, podes descargar o calendario escolar de Galicia 2025 - 2026 no botón de aquí debaixo:

Calendario escolar Galicia 2025 26

Calendario escolar Galicia 2025 - 26: Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP

O próximo curso escolar empeza o luns 8 de setembro de 2025 e finaliza o venres 19 de xuño de 2026. O fin das clases para os alumnos de 2º de Bacharelato dependerá das datas da PAU.

Ás vacacións escolares de Nadal, Entroido e Semana Santa, que che imos a contar a continuación, hai que engadir o Día do Ensino, que é o venres 31 de outubro de 2025, o luns 3 de novembro de 2025 e todos os festivos do calendario escolar en Galicia 2025 - 26, que tamén detallamos máis abaixo.

Imos aló.

Inicio e fin do curso escolar 2025 - 26 en Galicia

Como che diciamos, o comezo do curso escolar 2025 - 26 en Galicia é o 8 de setembro de 2025 e finaliza o 19 de xuño de 2026. E para os alumnos de 4º de Educación Infantil hai un período de adaptación que pode elixir cada centro e que será ata o venres 12 de setembro de 2025.

Ademais, o fin das clases para os alumnos de 2º de Bacharelato virá determinado polas datas da PAU 2026.

Na seguinte táboa podes ver o inicio e o fin das clases do calendario escolar de Galicia 2024 - 2025 divididos por etapa educativa:

ENSINO

INICIO CLASES 2025

FIN CLASES 2026

Educación Infantil

8 de setembro

19 de xuño

Educación Primaria

8 de setembro

19 de xuño

Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

8 de setembro

19 de xuño

Bacharelato

8 de setembro

19 de xuño

Formación Profesional (FP): primeiros cursos

8 de setembro

19 de xuño

Formación Profesional (FP): segundos cursos

8 de setembro

15 de xuño

Réxime Especial

8 de setembro

19 de xuño

Ao ver xa todo un ano de clases, o primeiro que se che vén á cabeza é: cando hai vacacións?

Cando son as vacacións escolares do curso 2025 - 2026 en Galicia?

Os tres grandes períodos de vacacións escolares 2025 - 2026 en Galicia distribúense así:

VACACIÓNS 2025 - 2026

INICIO

FINAL

Nadal

22 de decembro de 2025

7 de xaneiro de 2026

Entroido

16 de febreiro de 2026

18 de febreiro de 2026

Semana Santa

30 de marzo de 2026

6 de abril de 2026

Ademais das vacacións hai unha serie de días non lectivos no curso escolar, festivos nacionais, festivos autonómicos e, por último, os locais.

Días non lectivos do calendario escolar 2025 - 2026 en Galicia

Que días non hai clase? Ademais das vacacións, os días non lectivos do calendario escolar 2025 - 2026 en Galicia son o Día do Ensino, o venres 31 de outubro de 2025, o luns 3 de novembro de 2025 e os festivos do calendario escolar en Galicia 2025 - 26, que inclúe os festivos de ámbito estatal e autonómico.

Recompilámolos todos nesta táboa:

DÍAS NON LECTIVOS

FESTIVOS

31 de outubro de 2025, venres

Día do Ensino

1 de novembro de 2025, sábado

Todos os Santos

3 de novembro de 2025, luns

6 de decembro de 2025, sábado

Día da Constitución

8 de decembro de 2025, luns

Inmaculada Concepción

25 de decembro de 2025, xoves

Nadal

1 de xaneiro de 2026, xoves

Aninovo

6 de xaneiro de 2026, martes

Día de Reis

19 de marzo de 2026, xoves

San Xosé

2 de abril de 2026, xoves

Xoves Santo

3 de abril de 2026, venres

Venres Santo

1 de maio de 2026, venres

Festa do Traballo

24 de xuño de 2026, mércores

San Xoán

E a estes días non lectivos hai que engadir as festas locais que son tamén festivos do calendario escolar en Galicia 2025 - 2026.

Festivos locais do calendario escolar de Galicia 2025 - 2026

Os festivos locais de 2025 e 2026 elíxeos cada Concello. Cales son festivos locais do calendario escolar de Galicia 2025 - 2026? Podes consultar as festas locais de Galicia do 2025 que afectan ao primeiro trimestre do curso e poderás ver aí tamén os festivos locais de 2026.

Agora que xa tes toda a información sobre o calendario escolar 2025 - 2026 de Galicia, podes empezar a organizarte para o novo curso.