Para que as familias con menos recursos non queden atrás e teñan acceso a internet, dispoñen do bono social de internet ou bono dixital. Este bono é unha axuda que financia a Unión Europea, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que se leva a cabo pola Xunta de Galicia a través de R.

Esta axuda de 240€ ao ano, grazas a R convértese en indefinida a través de Internet Compromiso.

Con esta iniciativa social, os colectivos vulnerables terán acceso a unha conexión simétrica dende 300 Mb nos seus fogares e wifi de altas prestacións.

Entérate de onde se solicita o bono dixital de internet, como podes ampliar o desconto de 20€ de forma indefinida con Internet Compromiso de R e que requisitos hai que cumprir para beneficiarse desta axuda.

Que é o bono dixital de Galicia

É un desconto de 20€ ao mes durante un ano que ofrece a Unión Europea para que as persoas con poucos recursos poidan acceder a internet de calidade.

En R, ademais de ser provedores deste servizo tan importante para as familias máis vulnerables, damos a opción de ampliar o desconto de forma indefinida pasados os 12 meses de vixencia do bono dixital da Unión Europea a través de Internet Compromiso.

Desta maneira, cando finalice o desconto, seguirás pagando o mesmo.

Quen pode beneficiarse do bono social de internet

Bono digital Internet Galicia

Se estás interesado en solicitar o bono dixital debes acreditar que es beneficiario da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) ou do Ingreso Mínimo Vital (IMV) en Galicia.

E no caso de que queiras contratar Internet Compromiso de R para ampliar o desconto e facelo indefinido, debes ser beneficiario do bono dixital da Xunta, da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) ou do Ingreso Mínimo Vital (IMV) en Galicia.

Que internet tes co bono dixital en Galicia

Para que poidas gozar de acceso a internet por fibra ata o teu fogar, en R instalámosche unha conexión simétrica de 300 Mb, 600 Mb ou 1 Gb.

Ademais, poñeremos na túa vivenda un router wifi de altas prestacións para darche o mellor servizo. Porque o noso compromiso é que teñas ao teu alcance unha conexión de internet de calidade.

Onde se solicita o bono dixital de Galicia

Se non es cliente de R, xa podes solicitar o bono dixital na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Aí poderás achegar a documentación necesaria para ser beneficiario/a da axuda da Unión Europea.

Unha vez validado o bono, daranche un código que cómpre introduzas no formulario que creamos na nosa web. Explicámoscho todo polo miúdo en mundo-r.com/compromiso.

Onde podes contratar Internet Compromiso de R

Internet compromiso de R

O bono dixital da Unión Europea só está dispoñible para novos clientes de R. Pero se xa es de R, podes contratar Internet Compromiso e beneficiarte do desconto de 20€ de forma indefinida.

Pregunta por Internet Compromiso no noso teléfono gratuito 1449 para que che axudemos a contratar o servizo e responder as túas dúbidas.

Esperamos que esta iniciativa social de R che resulte de grande axuda.