Ola a todos. Ide pasando e poñéndovos cómodos. Xa sabemos que isto non é coma sempre, pero si, nós somos os de sempre. Só que hoxe isto ten unha nova fachada e contidos. Como vedes, o noso blog está bastante cambiado, pero esperamos que vos guste, porque o fixemos con moito cariño para que nun único sitio teñades todos os contidos e novidades relacionados con R. E ademais teñamos un punto de encontro entre os deste lado de R e vós, que sodes a parte máis importante da empresa.

Este novo blog nace coa intención de ser o único lugar ao que hai que ir para enterarse de calquera novidade en R. Así, suma os contidos que tiñamos en quecheparece.com, na revista R e tamén na web da guía de programación de televisión.

No apartado ‘quecheparece’ seguiredes a ter as novidades relativas aos nosos servizos e tamén vos adiantaremos, como faciamos antes, os novos produtos nos que estamos a traballar a ver se vos gustan (para que nos deades a vosa opinión e tamén preguntar ou criticar ).

Aquí teredes pois, só para vós, as primicias sobre R.

Benvidos ao novo blog de R, benvidos a blog.mundo-R.com.

Un saúdo!