Ola a todos. A volta ao cole xa está aquí: remata o verán e hai que organizarse un ano máis. E aínda que apetecer, non apetece, cada vez atopamos máis solucións para tablets e dispositivos móbiles que facilitan, e moito, ese regreso. Repasamos as apps máis útiles:

Deberes

Levar ao día a lista de tarefas por materia que debemos facer na casa. Xa non vale a escusa do can que come os deberes con estas apps.

Recursos didácticos

Acceso en todo momento a ferramentas de consulta de información, dicionarios, etc.

Apuntamentos

Escanear apuntamentos utilizando simplemente a cámara do móbil grazas ao OCR (Recoñecemento Óptico de Carácteres), crear arquivos pdf, envialos por correo electrónico ou almacenalos na nube.

 

Presentacións

Facer presentacións dende dispositivos móbiles, editar as que creamos noutras plataformas, abrir arquivos de Microsoft Power Point.

Idiomas

Aprender inglés será sempre, gústenos ou non, a nosa materia pendente. Con estas apps poderás reforzar os teus coñecementos con cursos interactivos, exercicios, diálogos con audio, etc.

Esperemos que vos sexan de utilidade e que vos fagan máis levadeira a volta.

Un saúdo!

Fonte da imaxe: Jenny Rollo