Se o medo a voar che impide viaxar á Conchinchina, descarga xa estas apps para superar a aerofobia. Aínda que che repitan ata a saciedade que é o método máis seguro, o teu corpo bloquéase ante a idea de coller un voo. Pásanseche pola cabeza escenas da peli ‘Aterriza como puedas’ e imaxes de catástrofes aéreas, tes taquicardias, suores frías e persígnaste ao escoitar “Bo Vueling”. Ánimo, podes viaxar máis tranquilo coa axuda de especialistas directamente dende o teu móbil.
SkyGuru
Seguro que te tranquilizaría viaxar xunto a alguén que che explique en todo momento que está a pasar no avión. O mesmo pensou o piloto profesional Alex Gervash, director do centro "Flying without Fear", cando creou esta utilísima app gratuíta. A aplicación funciona mesmo en modo avión e informa en tempo real de porque se atrasa un despegue, que significa ese son ou movemento do avión. SkyGuru infórmache sobre a predición do tempo, as turbulencias durante o voo, e moito máis.
Dispoñible para iOS
SOAR Conquers Fear of Flying
Outro experto aéreo e terapeuta, Tom Bunn, atópase detrás desta app gratuíta que te axudará a levar o mellor posible o voo. Ollo, que o propio capitán Bunn mesmo te acompaña paso a paso no voo grazas á función "Take Me Along". A app dá resposta a todas as túas dúbidas, mesmo en casos extremos, a través de técnicas para controlar o pánico, a claustrofobia ou a ansiedade. Poderás coñecer como funciona o avión e os sistemas de seguridade, así como saber en todo momento a meteo e o prognóstico de turbulencias.
ANA Takeoff Mode
A aeroliña xaponesa ANA pensou que a mellor maneira de distraer a un viaxeiro medorento é poñerlle diante un xogo no que poida concentrarse. A dinámica é súper sinxela pero engancha, só hai que dirixir a pelota a un punto virando fisicamente o teléfono. Non sabemos como irá cando as mans empezan a suar polos nervios, pero seguro que axuda moito.
Fear of Flying App
App da Fundación VALK que che axuda non só durante o voo, senón semanas antes. Funciona sen conexión a internet para que dende o teu móbil teñas acceso a esta axuda en todo momento. A app ofréceche todos os datos para que a túa mente non se dispare pensando en cousas que poderían pasar. Ademais, proporciónache exercicios para reducir a tensión e prácticos consellos. E por se che dá un ataque de ansiedade, pulsa o botón do pánico e activarase un audio no que un terapeuta te axudará a acougar.
Dispoñible para Android (3,99€) e iOS (4,49€)
Fly4Life - Supera tu miedo a volar
Outra das aplicacións na que podes atopar acougo. Resolve as túas dúbidas e dáche consellos para prepararte para un voo. Tamén podes enviar ti calquera consulta.
Dispoñible para iOS (2,99€)
Esperamos que estas apps te axuden a voar máis tranquilo. Aínda que cada un ten os seus trucos, como soprar nunha bolsa, tomar tranquilizantes ou beber unha botella de viño, recomendámosche que as descargues no teu móbilR e as utilice no voo. Ánimo!
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!