As apps para persoas con discapacidade son moitas e de diferentes tipos en función da discapacidade, pero todas elas teñen o obxectivo común de adaptar á normalidade as rutinas das persoas con algún tipo de diversidade funcional.

Segundo o estudo da Organización Mundial da Saúde do pasado ano, douscentos millóns de persoas en todo o mundo padecen algún tipo de discapacidade que lles afecta ao seu desenvolvemento vital. As empresas tecnolóxicas non deixaron pasar por alto este dato e traballan duro para ofrecer solucións a este sector da sociedade que moitas veces esquecemos e son os que máis necesitan da tecnoloxía para mellorar a súa calidade de vida.

  • Emerxencia e Discapacidade

Trátase dunha app que ofrece información aos usuarios para actuar en situacións de emerxencia con persoas con algún tipo de discapacidade. Os seus contidos están elaborados por profesionais do ámbito da educación, emerxencias e seguridade.

Dispoñible para Android.

emergencia

  • Dilo

Esta app está dirixida a usuarios con algún tipo de diversidade funcional para que se poidan comunicar a través de frases que reproducen a través do altofalante do móbil ou enviar a través de SMS ou correo electrónico. Un usuario administrador encargarase de xestionar a clasificación das frases por categorías para facilitar o uso por parte do usuario con diversidade funcional.

Dispoñible para Android.

  • Control EM

Está dirixida a persoas con esclerose múltiple e ten como obxectivo levar un control da enfermidade, manter o contacto directo co médico especialista e consultar información de interese para os usuarios.

Esta app, deseñada pola Federación de Esclerose Múltiple de Madrid (FEMM), está dividida en catro seccións:

  • O meu diario: na que se pode anotar os tratamentos e as súas pautas, os síntomas e a evolución persoal da patoloxía. Tamén se poden incluír as citas médicas e configuralas como alarmas.
  • Axenda: na que se poderá consultar actividades e eventos relacionados coa enfermidade.
  • Noticias: sobre o tema e que seleccionou previamente a FEMM.
  • Interésache: información sobre emprego, asociacións de esclerose múltiple e transporte adaptado, entre outros.

Dispoñible para Android e iOS.

control em

  • Esaccesible

App que valora a accesibilidade física dos lugares que son aptos para persoas con mobilidade reducida. Polo momento valoráronse 8.851 lugares en toda España.

Dispoñible para Android e iOS.

  • Disabled park

App para que persoas con mobilidade reducida coñezan onde se sitúan as prazas de aparcadoiro para discapacitados nas cidades, para reducir así os tempos desta manobra e conseguir cidades máis accesibles.

Dispoñible para Android e iOS.

O abanico de apps para persoas con discapacidade é moi amplo. Neste post seleccionamos algunhas delas, pero se ti utilizas algunha que che resulta útil, estaremos encantados de engadila.

E xa sabes tira da túa tarifa de móbilR para poder empregar estas apps.

Ata a próxima!

Imaxe de Paul Green.