Empeza o curso e toca traballar arreo, pero non estás só. Estas apps para facer os deberes axudaranche a ti e aos peques a saír airosos de calquera problema que expoñan os profes.

Á hora de poñerse a facer os exercicios sempre xorden dúbidas que, a falta dun mestre en liña, debemos solucionar por outras vías. O máis rápido é tirar de móbil, así que proba algunhas destas apps que che traemos para sacar un 10. Non perdas de vista tampouco algunhas interesantes canles de Youtube.

Photomath

Empezamos polas mates, ese óso duro de roer. Unha das apps para móbil que máis furor causou, e agora entenderedes por que, é Photomath. Tíralle unha foto ao problema que queiras resolver e a aplicación mostrarache o resultado e explicarache como chegar a el. Agora inclúe gráficos para que che resulte máis sinxelo. Ecuacións, derivadas e integrais estarán ‘chupadas’ con esta axuda única.

Dispoñible para Android e iOS

Socratic de Google

Esta ferramenta de aprendizaxe que integra a intelixencia artificial de Google axuda co traballo de clase nos niveis de Secundaria, Bacharelato e Universidade. Faille unha pregunta á aplicación Socratic e buscará nos mellores recursos en liña para axudarche a entender os conceptos fundamentais do tema en cuestión.

Dispoñible para Android e iOS

Apps para hacer deberes: Socratic de Google

Brainly

Moi similar á anterior e multidisciplinar. A comunidade social de aprendizaxe poñerache en contacto con outros estudantes que responderán as túas dúbidas ao instante. E ao revés, ti tamén poderás axudar outras persoas cos seus deberes e tarefas. E para que non che resulte moi aburrido, a app está pensada como un xogo, no que subirás de nivel dende novato a xenio. Puntazos que che gustarán: responden en menos de 10 minutos; abarca dúbidas de niveis de Primaria, Secundaria e Universidade, ademais de ABAU; e soluciona problemas que van dende latín ata bioloxía.

Dispoñible para Android e iOS

Khan Academy

Versión app da famosa plataforma de aprendizaxe en liña. A aplicación ofrece máis de 10.000 vídeos e explicacións sobre ciencia, matemáticas, economía, historia e moitas outras materias para todas as idades e niveis. Detalles que resultan de inmensa utilidade: podes traballar aínda sen conexión a internet, xa que che podes descargar os contidos favoritos de “a túa lista” e acceder a eles cando queiras. Ademais, podes retomar a túa aprendizaxe onde o deixaches a última vez.

Dispoñible para Android e iOS

Apps para hacer los deberes Khan Academy

El Rincón del Vago

O mítico portal para estudantes: podes acceder a leccións, traballos, apuntamentos ou exames de moitas materias, de entre máis de 75.000 documentos.

Dispoñible para web

Canles de YouTube

Como che comentamos, tamén Youtube ten moito que dicir no campo do ensino. E vas atopar miles de videotitoriais e recursos para cada materia. Aquí tes un puñado:

Como ves, a letra co móbil entra. Cun pouco de esforzo e estes apoios no teu móbilR, estamos convencidos de que este curso te sales.