O saber non ocupa lugar e menos no teu móbil. Fai espazo a estas apps para aprender inglés. Se tes uns minutos soltos, colle o teu smartphone e aproveita para seguir ao teu ritmo as leccións de maneira divertida e interactiva. Se a mediados dos 80, Muzzy nos botou unha man para estudar inglés, agora será o teu móbil quen te axude a ser máis británico que a Reina Nai .
Antes de begin began begun, recuperamos as clases ‘Gomaespuminglish’ para entrar en materia:
Apps de idiomas
- Duolingo
Aprende inglés de forma gratuíta como nun xogo: avanzas ao completar unidades, perdes vidas polas túas respostas incorrectas, gañas puntos e sobes de nivel. Cada lección inclúe exercicios de falar, escoitar, tradución e opción múltiple. Ademais, poderás ver se as túas respostas son correctas ao instante. Google Play elixiu Duolingo como "O mellor do mellor" no 2013 e no 2014.
- Busuu
Estuda ata once idiomas diferentes onde e cando queiras con exercicios rápidos e sinxelos de niveis A1 - B2. Busuu ensínache frases e palabras básicas para que mellores con unidades de vocabulario e gramática, diálogos de audio, exercicios de comprensión e expresión oral e xogos e leccións interactivas. Ademais, terás correccións de falantes nativos grazas a unha comunidade de 60 millóns de usuarios. E algo moi interesante, podes usala aínda que non teñas internet grazas ao modo sen conexión. Elixida como unha das mellores aplicacións do ano 2015 en Google Play. Tes acceso a unha versión gratuíta e a unha subscrición Premium con máis funcionalidades.
- Babbel
Elixida unha das mellores apps do 2015 por Google Play. Descarga a aplicación e proba a primeira lección gratis, despois terás que contratar unha subscrición. Con tan só uns cuantos minutos ao día, aprenderás vocabulario, mellorarás a túa pronuncia e accederás a cursos interactivos para 14 idiomas diferentes. Babbel seguirá os teus avances e sincronizaraos automaticamente con todos os teus dispositivos.
- Voxy
App personalizada que se adapta ás túas necesidades para que sigas as leccións dende o teu móbil, tablet ou ordenador de maneira sincronizada. Voxy realiza unha análise das túas necesidades para partir dun nivel. Poderás ver vídeos de persoas facendo rutinas diarias, escoitar audio con conversacións de situacións da vida real ou ver as noticias do día de medios principais como The Associated Press. Ademais, podes reservar sesións cun titor particular que resolverá as túas dúbidas. A app ofrece unha proba gratuíta, pasada a cal pagarás unha subscrición mensual para seguir usándoa.
- Rosetta Stone
Aprenda un dos 24 idiomas incluídos, dende inglés a chinés, pasando por xaponés, alemán ou francés. Rosetta Stone fará que adquiras as habilidades lingüísticas básicas: falar, ler e escoitar mediante divertidas leccións baseadas en situacións da vida cotiá. Obterás comentarios sobre a túa pronuncia grazas á tecnoloxía de recoñecemento do fala. Podes descargar as leccións para usar sen conexión e seguir o curso no dispositivo que prefiras. A app permíteche probar a súa primeira lección gratis, despois poderás continuar vía subscrición de pago.
- Wlingua
Un dos cursos máis completos de inglés (A1, A2, B1 e B2), con ata 600 leccións, para o teu smartphone. Con Wlingua terás locucións en inglés británico e inglés americano. Ademais, utiliza o “English learning method” con repasos espazados. Esta app require conexión a internet (o curso atópase online) e poderás seguir estudando onde o deixaches desde calquera dispositivo ou ordenador. A aplicación dispón de dous tipos de conta, unha básica gratuíta e unha premium máis completa.
- Vaughan Radio
A canle Vaughan (dial 190 do teu televisiónR) ten unha app gratuíta para aprender inglés escoitando a súa estación de radio. Poderás participar en directo nos programas a través de Twitter, contestar en tempo real aos retos dos locutores e gañar puntos para clasificarte no ránking.
- English Monstruo
Unha app moi divertida de Cambridge University Press para que aprendas inglés xogando e de forma gratuíta. English Monstruo nace froito da observación do Cambridge English Corpus, que analiza os erros máis comúns que fan os falantes de español á hora de aprender inglés. Na aplicación atoparás dous monstros, un bo que te axudará ás veces, e outro malo, que te poñerá en máis dun apuro.
Apps de tradución
Reforza as túas clases de inglés con aplicacións de tradución para o teu móbil. Google Translate (dispoñible para Android e iOS) e Wordreference (dispoñible para Android e iOS) son algunhas das máis populares. Descobre máis sobre elas neste post.
Agora non tes escusa para mellorar os teus coñecementos de inglés, sen cargar con libros nin apuntamentos.
Gudlak e si llu sun! (nós descargámolas pero aínda non comezamos coas leccións).