Quen non necesita un empurrón de cando en vez? Descarga unha destas apps de mensaxes motivadoras e viraste arriba nun segundo. Seguro que as túas redes sociais están cheas de imaxes de Buda, de paisaxes evocadoras, de posturas de ioga con frases e citas de Gandhi, Benedetti, un monxe shaolin ou a mesmísima Mafalda.
Recoñezámolo, gústanos lelas e compartilas. A febre das citas ten as súas apps e recompilamos algunhas para que todos os días recibas a túa dose de sabedoría ou zascas, por iso da diabetes .
Experiencias vitais
Palabras de ánimo para deportistas, para os que se apuntaron a unha vida máis saudable, para alimentar o espírito, para os namorados, para reflexionar...
Wonderful e os anti Wonderful
Pioneira niso de lanzar mensaxes positivas é a factoría Mr. Wonderful, pero a algúns tanto exceso de azucre resultoulles pesado e lanzáronse á parodia. Aí están Mr. Monteful, do selo galego Rei Zentolo, Mr. Puterful ou Mr. Wonderfuck. De momento a dose de ironía non ten versión app, pero aconsellámosche que os sigas en redes sociais para botar unhas risas: "Cómete o mundo... e se quedas con fame fághoche un bisté" (Mr. Monteful) .
- Mr. Wonderful: dispoñible para Android e iOS
- Mr. Monteful: web e Facebook
- Mr. Puterful: web e Facebook
- Mr. Wonderfuck: web e Facebook
Verdades coma puños
Como dicimos non todo é cor de rosa bebé e son moitos aos que lles vai o sarcasmo. Nisto das frases enxeñosas, un das iconas en redes é Morticia Addams, pero podes atopar máis.
Do it your self
Se o que prefires é lanzar as túas propias mensaxes, deseña ti mesmo as imaxes. Só tes que elixir un fondo, elixir tipografía, escribir a túa mensaxe e a compartir cos teus amigos. Faino con algunha destas apps e deixa a túa propia pegada.
Xa recibiches a túa frase do día?
Ata pronto!