Ola. Hoxe traémosche melloras na conexión de internet no desco HD, ademais de duplicar a velocidade ata 10 megas, xa non terás que compartir a velocidade entre o teu router e o desco. Agora desfrutarás o dobre da túa smartTV, videoconsola ou computador.

Como xa sabes, o desco HD permíteche conectarte a internet a través do porto ethernet que atoparás na parte traseira. Ata este momento debías activalo na web de clientes e escoller entre 1 ou 5 MB a repartir entre o teu router e o desco. Así nolo contaba Blas Terquito neste videotitorial :

Agora non terás que facer nada, xa que activamos por defecto unha conexión de 10 MB de baixada e 1 MB de subida en todos os descos de televisión de R. E o mellor de todo é que non descontan da túa conexión principal, son íntegros, para que desfrutes de internet na tele.

Con esta subida, desfrutarás o dobre da túa videoconsola para xogar en liña cos teus amigos e acceder a aplicacións, ou dunha smartTV para ver vídeos en YouTube, contidos en streaming, etc.

Lembra que é un servizo dispoñible só para clientes particulares. Próbao e cóntasnos.

Un saúdo!