Apetéceche gozar de bo cine e series? AMC é a túa canle, e en marzo, como canle invitada, permanecerá en aberto para todos os clientes. Non o perdas porque, ademais, vén con sabor a Óscar.
AMC é unha canle de entretemento que destaca pola calidade e a variedade dunha programación centrada nas mellores series orixinais de éxito, moitas delas orixinais, e películas aclamadas por crítica e público.
Seguro que xa coñeces series icónicas da canle como os populares zombis de 'Fear the Walking Dead', o thriller 'Wisting' ou a acción de 'Ransom' e 'Nadia', a cariñosa esposa e nai de día e asasina desapiadada de noite á que en marzo despedimos na súa primeira tempada.
O mellor cine con 'AMC Hits'
Pero se algo non falta en AMC é o bo cine. Unha cita cinematográfica que ten os venres a súa gran noite con 'AMC Hits'.
En marzo, cunha selección das mellores aventuras adrenalínicas os venres ás 22:10 h. Espectaculares producións repletas do ruído do motor, suor e pólvora con corredores/as e campións/oas de carreiras multimillonarios en plena acción.
Toma nota dos títulos que te esperan en marzo:
'The Shanghai Job' (2017)
'Need for speed' (2014)
'Más veloz que la muerte' (2018)
'Mad Max: furia en la carretera' (2015)
Pero este mes de marzo conta, ademais, cunha cita indispensable para os amantes do cine: os premios Óscar.
R vístese para os Óscar
O domingo 27 de marzo chega a esperada cita anual do cine que ten lugar no corazón de Hollywood, no famoso Teatro Dolby, que este ano festexa a súa 94ª edición.
Dende AMC e R celebrámolo ofrecéndoche o especial 'Los Óscar en AMC', dispoñible en rebobina ata final de mes, con grandes películas que tiveron a honra de ser nominadas e premiadas coa cobizada estatuíña.
Grandes lendas da historia da literatura, personaxes históricos, seres mitolóxicos, grandes persoas e tremendos viláns... Neste especial ofrecemos doce grandes títulos para todos os gustos, pero sobre todo, para todos os amantes do gran cine.
Comezamos na década dos anos 60 e 70 con 'El graduado' e 'King Kong'. A primeira levou sete nominacións da Academia e a segunda alzouse co galardón a 'Mejores Efectos Especiales'.
Xa nos 90, o clásico da literatura francesa 'Cyrano de Bergerac' contou con 5 nominacións aos Premios Óscar; tres levou 'Retrato de una dama' e un total de sete 'Las normas de la casa de la sidra'.
A década dos 2000 deparou un Óscar para a inesquecible interpretación de Helen Mirren en 'The Queen'.
E o cine francés cultivou múltiples recoñecementos grazas a 'Para todos los gustos' e 'The Artist'.
'Los odiosos ocho', de Quentin Tarantino; 'Ex - Machina', a primeira película do director británico Alex Garland que conseguía unha nominación ao Óscar; 'Profesor Lazhar' e 'Steve Jobs' completan o noso especial 'Los Óscar en AMC'.
Así que, xa sabes, grandes series e o mellor cine espérante en marzo con AMC. E a partir de abril podes seguir gozando da canle AMC coa túa opción total TV.
Servizo de TV prestado por (Over The Top Networks Ibérica, S.L.U. con NIF B-86588639, con Domicilio Social en C. Casanova 209, principal 1ª - 08021, Barcelona). https://www.agile-tv.es