E aspiramos a ter milleiros máis deles de agora en adiante, porque seguimos a traballar arreo para ampliar a rede wifi máis grande de Galicia. A resposta pola vosa parte non pode ser mellor nestas primeiras semanas de posta en marcha: arredor de 27.100 usuarios totais rexistrados e unha media de 1.500 ao día. Case nada.

E para animar a festa de “non-vou-gastar-os-meus-datostemos por aí roldando unha furgoneta ben chula (non sei se a vistes) ao máis puro estilo #loveisintheair. Poderedes vela por A Coruña, Lugo, Santiago e Ourense ata o vindeiro 21 de xullo. E repartiremos material informativo para que ninguén quede sen conectarse esta nova rede mellorada, ampliada, segura, sinxela de usar é gratuíta para todos os clientes de fixo e de móbilR.

11731604_10152940784478456_5784386995439245706_o

E non esquezades que dentro de pouco disporedes tamén de balde, non só dos puntos de acceso base da nosa rede (routers de R) senón tamén doutros adicionais, noviños do paquete, que instalaremos xusto naquelas zonas onde haxa máis demanda ou tráfico de datos. Para que a vosa experiencia de conexión sexa total.