Ola. En R acabamos de sacar unha aplicación móbil moi interesante, dispoñible tanto para Android como para iOS, e que poñemos á túa disposición gratis por seres cliente de R. A app é 3ollos R móbil.
En que consiste? Simplemente en converter o teu smartphone nun sensor e ter a tranquilidade de saber onde están en todo momento os teus. Recibindo alertas cada vez que os teus nenos cheguen ao cole ou volvan á casa, por exemplo. Ou permitindo que contacten de forma rápida contigo, se o necesitan.
Que necesitas?
En primeiro lugar, ser cliente de R. É algo gratuíto para os nosos clientes, teñas o que teñas contratado, pero hai que ser cliente 😉
En segundo lugar, debes descargar a app no teu móbil e nos terminais dos que queres recibir notificacións.
Por último, en cada terminal debes ter activada a localización.
Para que móbiles?
Como dicimos arriba, é para Android e iOS.
Se tes un iphone, debe ter unha versión iOS 9.3 ou superior e, no caso de Android, necesitas Lollipop (5.0) ou superior e 2GB de RAM
Como funciona?
Cando descargues a app, debes identificarte como cliente. E debes pasarlle un enlace aos que máis che importan para que descarguen tamén a app.
Os teus fillos, pais ou familiares poden acceder de dous xeitos:
- Como usuario delegado: con permiso de administrador, para saberes todos onde estades en cada momento.
- Como invitado: neste caso, o que descarga a app non ten permiso de administrador nin sabe onde están os demais.
Que ofrece 3ollos R móbil?
En primeiro lugar, tranquilidade. Moitas veces andas preocupado polos teus pais, que son maiores, e non sabes se baixaron mercar o pan. Ou, por culpa do traballo, non podes ir recoller os nenos e non sabes se colleron ben o autobús e están na casa. 3ollos R móbil permíteche que te despreocupes por isto.
Ti marcas os lugares frecuentes de cada móbil ou as zonas seguras, e creas regras. Dese xeito, cada vez que entren ou saian do cole, recibes un aviso.
Do mesmo xeito, se che gusta practicar bici de montaña ou sendeirismo, a túa familia pode saber por onde andas e saber que todo vai ben. No caso de que pase algo, podes recibir ou enviar alertas de forma inmediata.
Descarga 3ollos R móbil
Animámoste a que descargues 3ollos R móbil xa e lle quites partido:
Máis tranquilidade na túa casa ou negocio
Xa nos dis se che parece interesante e práctico 3ollos R móbil. O que si, lembra que podes completar o servizo con 3ollos R para o teu fogar ou negocio. Por exemplo, podes poñer unha cámara na túa casa ou tenda, e recibir un vídeo cando alguén entra ou sae.
Ou poner un termóstato intelixente (para regular a temperatura) ou un enchufe intelixente (para apagar o ferro de pasar de forma remoto se o deixaches acendido ou ben prender as luces a unha hora hora determinada). E quen di iso, di instalar un sensor de fume, un detector de auga o un medidor de enerxía, para saber se consomes moito ou pouco. Xa ves que hai múltiples opcións
Un saúdo!