O ano 2020 fíxote poñer as pilas no uso das tecnoloxías. Menos mal que todos estabamos igual e situacións embarazosas como levantar a man en Zoom ou Skype fisicamente, e non utilizando o botón, quedarán como anécdotas graciosas. Así que, fai a túa lista de propósitos para que este 2021 sexas un crack das tecnoloxías.

  • Sacarlle todo o partido ás aplicacións de videochamadas. O de levantar a man en Zoom é verídico . Trastea nestas apps para descubrir funcións que antes non che resultaban familiares como gravar a conversación, compartir pantalla, habilitar salas de espera...
  • Brillar nas reunións, en sentido literal. 2020 foi ao ano de arranxada pero informal, de cintura para arriba. Para Reis pide un anel de luz LED para lucir a túa mellor cara online. Están xenial, veñen cun trípode para poñer o móbil e podes colocalos detrás do ordenador.
  • Abrir unha conta de Tik Tok. O lecer agora é online e quen corta o bacallau é a rede social Tik Tok. Así que non quedes fóra, fai unha conta e divírtete cos vídeos máis virais.
  • Probar os Reels en Instagram. A outra novidade do ano en Instagram foron os Reels, vídeos curtos estilo Tik Tok. .
  • Contratar Netflix Fan. O lecer na casa foi clave en 2020 e seguirá séndoo. Necesitas un bo plan coas mellores series e pelis de Netflix e 10 GB extra no teu móbil. Aínda non viches “El desorden que dejas”?
  • Sacar máis rendemento ao teu router wifi. Conéctaste máis que nunca a través do wifi e necesitas que vaia como un foguete. Oíches falar da rede wifi 5G? O teu router de R de última xeración dispón desta rede de 5Ghz para que navegues a máis velocidade e con menos interferencias. /li>

  • Facer as transferencias por Bizum. Este Nadal escoitarías mil veces: págocho por Bizum. Se aínda non o usas, anótao como propósito, porque enviar diñeiro polo móbil ao instante é súper cómodo.
  • Manexar WhatsApp como un auténtico pro. A app de mensaxería ten unha chea de funcións que igual descoñeces. Empeza a utilizar estes trucos para sacarlle todo o rendemento.
  • Almacenar as fotos e arquivos do teu móbil ou ordenador na nube. Libera espazo no teu móbil gardando imaxes, documentos e todo tipo de contidos de forma virtual. Tamén podes aproveitar para facer limpeza de memes e gifs .
  • Coidarte online. O clásico por excelencia dos propósitos de ano novo. E si, agora tamén baixamos quilos a través de internet. Quen non fixo algún vídeo de Patry Jordan no salón da casa. Aquí tes máis plataformas para facer deporte na casa.

Importante, non abandones os teus propósitos en febreiro, que nos coñecemos .

E ti, que propósitos te marcas este 2021 para ser un moderno tecnolóxico?