A tendencia do momento é o vídeo en directo no móbil. Se non gravas unha pequena historia e a compartes non es ninguén . O furor do vídeo puxo en xaque ás grandes, como Facebook, Twitter ou Instagram, que pugnan por ser a number one. Todas, e outras como YouTube traballando niso, ofrécenche xa unha solución de retransmisión instantánea de vídeo en directo. Hoxe botámoslle unha ollada ás máis importantes, porque isto vai moi rápido e algúns nomes poida que nin che soen .
- Hype
Empezamos pola última en chegar. Os creadores da case desaparecida Vine (dispoñible para Android e iOS) acaban de estrear en iOS a aplicación que permite a emisión de vídeo en directo. Entre as vantaxes que atoparás: engadir fotos, vídeos, música ou gifs. Ademais, os teus seguidores recibirán notificacións ao instante, poderán facer comentarios e difundir o teu vídeo.
Dispoñible para iOS
- Periscope
Twitter saca vantaxe aos seus competidores coa app Periscope, pero segue incorporando funcionalidades para non quedar atrás, a máis recente é que non tes límite de tempo para gardar un vídeo. O máis cómodo é que te conectas directamente co teu usuario de Twitter e chegas a todas as persoas que segues. Tamén podes configurar a privacidade por se só queres que che vexan determinados seguidores. Indica que unha emisión che gusta a través de corazóns e deixa os teus comentarios.
- Facebook Live
A rede social por excelencia non se quixo quedar atrás e hai uns meses lanzaba Live para emitir vídeo en directo. Os teus seguidores reciben notificacións cada vez que transmitas en vivo, para que se poidan conectar e seguirche no momento indicado. A ferramenta permite que personalices os teus vídeos con filtros ou texto. Para utilizalo, vai á sección “que estás a pensar?” do teu muro e selecciona a opción “Directo” e a gravar. Cando termine a transmisión, o teu vídeo publicarase no teu perfil ou páxina. Saberás que se trata dun vídeo en directo porque lle acompaña unha icona vermella. Facebook dáche máis información sobre o seu uso.
- Instagram Stories
A rede social de fotografía propiedade de Facebook tamén planea lanzar a opción de transmitir vídeo en directo. Polo momento, permite gravar vídeos que desaparecen en 24 horas a través de Instagram Stories. Poderás ver as historias dos teus contactos na parte superior da túa páxina de inicio de Instagram.
- YouTube Connect
Na repartición do pastel non podía falta o xigante de Google. Algunhas informacións apuntan a que se está preparando para incorporar a opción de retransmitir en directo dende a súa app para móbil. Seguro que non tardaremos en velo.
Outras experiencias en vídeoOutras aplicacións no candeeiro súmanse á moda do vídeo, aínda que de momento, non funcionan en streaming. Pero visto o tirón, non nos estrañaría que pronto lanzasen esta opción.
- Snapchat
Ademais de compartir fotos, a app permite gravar vídeos e ata facer vídeo chamadas. Podes publicar no teu muro os teus contidos que caducarán en 24 horas ou enviar a un contacto as túas fotos ou vídeos indicando o tempo que dispón para velos.
- Prisma
A aplicación máis famosa polos seus sorprendentes filtros, permite agora converter tamén os teus vídeos en verdadeiras obras de arte, ao estilo de Picasso ou Van Gogh.
Se queres ver e ser visto, xa estás a tardar en probalas. O novo negro
Ata pronto!