O noso Black Friday chámase venres neghro, porque somos R, e dura un mes porque un só día non é suficiente para todas as ofertas que traemos este ano.

Tomamos moi boa nota de todo o que nos pedistes e aquí o tedes: prezos inigualables para estrear móbil, xigas ilimitados, máis lecer en casa con televisores, Google Home e unha Nintendo a prezo de outlet, ou o máis novo en móbiles, como o iPhone 12 ou o último de Oppo que non atoparás noutros operadores. Mete ou non mete medo?

Non nos perdas de vista, porque cada semana iremos contando novidades.

Prezos inigualables con GB ilimitados gratis

Este venres neghro tiramos os prezos con ofertas en móbiles que só atoparás en exclusiva en R. E ademais de levar un choiazo, regalámosche gigas ilimitados durante 6 meses.

Cada semana anunciaremos un móbil diferente. Así que non nos perdas de vista.

Arrincamos co Xiaomi Redmi Note 9 128GB midnight grey ou Xiaomi Redmi Note 9 128GB forest green por só 7€/mes.

Black Friday R Xiaomi Redmi Note 9

O último en móbiles e wereables

Adiántate ás compras de Nadal cos móbiles do trinque dos que todos falan. En R fixémonos en exclusiva co novo buque insignia de Oppo, o Reno 4, que vén cuns auriculares sen fíos.

Pero non é o único que trae wereables de regalo, o Samsung Galaxy Fan Edition o levas cunha Band Fit 2 para poñerte en forma e moito máis.

E lembra que todos os smartphones de cota de 10€ ao mes ou superior levan de regalo gigas ilimitados gratis ata o verán.

Isto é o que acaba de chegar a móbilR para que estrees o último:

  • iPhone 12 125GB
  • Oppo Reno 4 5G con auriculares Oppo Enco W51
  • Oppo Reno 4Z 5G con auriculares OPPO Enco W31
  • Samsung Galaxy FE con Band Fit 2
  • Oppo A53s

Lecer na casa

Agora que pasas máis tempo na casa, queremos axudarte a que desfrutes con dous pedazo televisores a un prezo único. Faite cunha tele LG con desconto para ver a túa televisión R.

E moi pronto, abriremos o noso outlet con moitas propostas de lecer. Adiantámosche que poderás levar unha Nintendo New 2DS XL, un Google Home ou uns Samsung Galaxy Buds+. Moi atento!

Non deixes pasar o venres neghro de R!