Na lista de material escolar para o novo curso non pode faltar unha tableta. E hoxe vas saber por que. En R ampliamos a nosa oferta de tabletas para que poidas elixir a que máis se adapta ás túas necesidades e ao teu peto.
Vantaxes das tabletas
Como apoio escolar, estes dispositivos a medio camiño entre o móbil e o portátil teñen unha chea de utilidades.
- Podes levala onde queiras porque non pesa.
- Podes poñerte en calquera recuncho de casa ou na ‘biblio’ porque ocupa pouco espazo.
- Podes facer practicamente o mesmo que cun portátil.
- Podes conectarlle un teclado ou escribir directamente na pantalla cun lapis dixital.
- Podes pasar horas sen cargala porque ten moita autonomía.
- Podes descargar apps para estudar, aprender idiomas...
- Podes ver videotutoriais comodamente porque a pantalla é bastante grande.
E algo importante, cuosta menos que outros dispositivos como portátiles ou PCs.
Elixe a tableta que mellor se adapte a ti
Agora tes máis variedade para elixir que tableta queres para o novo curso. Como che diciamos, en R ampliamos o catálogo de tabletas para que poidas comparar e quedar coa que máis se axuste ao que buscas.
Lenovo Smart Tab M10 HD+ con Alexa
Este mes a Lenovo baixa de prezo, así que é unha boa oportunidade. Ademais, ten o plus de levar unha smart dock (base intelixente) para que coloques a tableta enriba e a convertas automaticamente nunha pantalla intelixente con Alexa.
Datos que debes ter en conta: pantalla de 10,1”, 480 g. de peso, 7,4 mm. de grosor, 16GB de almacenamento, 2GB de memoria RAM, cámara de 5 MPX e batería de 7000 mAh. + info
Samsung Galaxy Tab A7 wifi
A pantalla do Samsung é aínda máis grande, 10,4 polgadas, e ten un son envolvente Dolby Atmos que se escoita dende catro altofalantes. Pensando nos máis peques, ofréceche a aula dixital Samsung Kids para que aprendan e xoguen de forma segura.
Características principais: wifi, pantalla de 10,4”, 476 g. de peso, 7 mm. de grosor, 32GB de almacenamento, 3GB de memoria RAM, cámara de 8 MPX e batería de 7040 mAh. + info
Samsung Galaxy Tab S6 Lite wifi (con S Pen)
Ideal para tomar apuntamentos e notas, editar documentos ou debuxar directamente na pantalla porque trae incluído un lapis “S Pen”. E non se perderá facilmente grazas ao soporte magnético situado na parte posterior da tableta.
Máis detalles que a diferencian: wifi, pantalla de 10,4”, 467 g. de peso, 7 mm. de grosor, 64GB de almacenamento, 4GB de memoria RAM, cámara de 8 MPX e batería de 7040 mAh. + info
iPad 10.2 (2020) wifi
Para os fieis de Apple. Pódelo completar cun lapis Apple Pencil e un teclado Smart Keyboard, pero neste caso, véndense por separado. Na App Store podes descargar aplicacións para aprender matemáticas, idiomas ou dar clases online. Mesmo podes usar a realidade aumentada.
Especificacións do iPad: wifi, pantalla de 10,2”, 490 g. de peso, 7,5 mm. de grosor, 32GB de almacenamento, 3GB de memoria RAM, cámara de 8 MPX, chip A12 Bionic, sistema operativo iPadOS 14 e ata 10 horas de autonomía. + info
Agora tócache a ti elixir cal é a tableta que máis che interesa. Lembra: Lenovo Smart Tab M10 HD+ con Alexa, Samsung Galaxy Tab A7 wifi, Samsung Galaxy Tab S6 Lite wifi (con S Pen) ou iPad 10.2 (2020) wifi.
Equípate en R e a polo novo curso!