Sen dúbida é a aplicación móbil que non pode faltar no noso smartphone. O whatsapp é a app estrela, a raíña do Google Play e do iTunes.

É a causa de que esteamos mirando cada pouco o noso terminal, para ver se nos chegou algunha mensaxe dos amigos, familiares ou coñecidos. Ou ben se temos algunha foto ou vídeo nos grupos dos que formamos parte.

Pero a finais deste ano, a aplicación móbil por excelencia xa comunicou que deixará de ser compatible con varios modelos. Como anunciou no seu blog hai uns meses, coa chegada do 2017 varios serán os terminais que deixarán de facer uso desta app. Vexamos o listado:

  • iPhone 3GS/iOS 6
  • Android 2.1 e Android 2.2
  • Nokia S40
  • Nokia Symbian S60
  • Windows Phone 7
  • BlackBerry e BlackBerry 10

Seguramente a quen máis lle vai afectar é aos que teñan un iPhone 3Gs e tamén aos que teñan un Android 2.2 ou inferior. Que móbiles tiñan este sistema operativo? Pois basicamente aqueles que saíron entre 201o e parte de 2012. É o caso do Galaxy S, do Galaxy Ace ou do Galaxy Mini Plus.

Whatsapp comenta que estes modelos "xa non contan coas capacidades necesarias para expandir as funciones da nosa aplicación no futuro". A empresa mesmo recomenda adquirir un modelo máis recente. Se estás nesta situación, lembra que en móbilR sempre temos terminais recentes dispoñibles.