Quecheparece - Página 15

Quecheparece

Festa do Banquete de Conxo 2025: programa, horarios…

O barrio compostelán de Conxo vístese de gala para celebrar a Festa do Banquete de Conxo 2025, do 23 ao 25 de maio. Unha parte importante da festa son os traxes de época. Poderemos admiralos na praza Aurelio Aguirre e na Carballeira do Banquete de Conxo, onde se realiza a representación teatral o domingo, día grande da festa; que continúa con comida popular foliada e romaría cos brindes da veciñanza.

Quecheparece

Festas de Santa Rita Vilagarcía 2025: programa, concertos...

As Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa son un dos eventos máis populares da comarca do Salnés e de Galicia. En 2025 celébranse do 21 ao 25 de maio. Dámosche toda a información sobre o programa de Santa Rita Vilagarcía 2025, as misas e a procesión, a Feira Celta e os concertos das festas.

Quecheparece

Festas Couto 2025: programa, horarios, concertos...

En maio o barrio do Couto, en Ourense, celebra as súas festas na honra da Virxe de Fátima. As festas do Couto 2025 terán lugar do 15 ao 19 de maio, coas tradicionais barracas festivas, concertos, orquestras e moitas máis actividades que che contamos do programa das festas do Couto 2025.

Quecheparece

Festa dos Maios: como se celebra en Ourense, Pontevedra, Redondela...

A chegada da primavera celébrase en Galicia coa festa dos Maios. O día 1 de maio, ou o primeiro domingo de maio no caso de Ourense, saen á rúa os maios, unhas figuras de madeira adornadas con flores, follas ou froitas. Ao seu arredor cántanse as coplas dos maios que satirizan sobre algún tema de actualidade. Os máis famosos son os maios en Ourense, pero tamén se celebran os maios en Pontevedra e os maios en Redondela. Contámosche cando e como son estes maios en Galicia.

Quecheparece

Concurso: que provincia de Galicia es?

Queres saber que provincia de Galicia es? Entra no noso test e descubre se a túa personalidade encaixa máis en Lugo, Pontevedra, Ourense ou A Coruña. Ademais, ao contestar o test entras nun concurso onde regalamos camisetas de Nikis Galicia. Participa xa!